El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pablo Arangüena, a Feijóo: "Deixe de chamar xeneral a quen foi un ditador cruel e corrupto"

02-03-2021 14:56:31
Pablo Arangüena, vicevoceiro do Grupo Socialista.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, levará á sesión de control ao presidente da Xunta a petición dun encontro cos grupos parlamentarios para participar da reactivación económica de Galicia logo da crise do coronavirus. Así o explicou o viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, que compareceu logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

O líder dos socialistas galegos elevará a solicitude dun encontro co presidente da Xunta logo dun mes de terlle plantexado a proposta sen ningún tipo de resposta dende Monte Pío. O propio Arangüena foi o encargado de sinalar hoxe que “non debera costar moito facer unha chamada e ter unha xuntanza” para “dialogar e consensuar” o que vai ser a recuperación social e económica de Galicia logo da crise do coronavirus.

Emprazou ao presidente da Xunta a estar á altura dun reto “histórico”, que escolla a colaboración e a transparencia e “permita que a oposición e a sociedade participen do deseño da reactivación económica” para a que Galicia recibirá máis de 4.000 millóns de euros nos próximos anos. “Xogámonos todos moito”, sinalou, antes de aclarar que os fondos Next Generation serán repartidos “en competencia cos distintos territorios”.

Galicia debe contar coa mellor proposta, dixo, antes de afearlle á Xunta que se presente con “10 folios cheos de vaguidades e cifras sen fundamento”, e que a día de hoxe “non sabemos nada ou case nada dos 108 proxectos promocionados dende a Xunta máis alá de xeralidades”. Emprazou ao presidente da Xunta a permitir aportacións para deseñar a modernización de Galicia e “facer algo para o que non ten experiencia”, como demostrou logo de 12 anos sen exercer as súas competencias en materia industrial e económica.


Pazo de Meirás

O próximo Pleno do Parlamento incluirá ademais unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta se dirixa ao Estado para pedirlle que esgote tódalas posibilidades xurídicas fronte á sentenza que fixa as indemnizacións aos Francos logo da ocupación do Pazo de Meirás. Arangüena reivindicou o “recoñecemento das institucións e as persoas físicas e xurídicas” que conseguiron que a titularidade do inmoble pasara ao Estado.

Sinalou que a sentenza supuxo “un gran resultado polo que ninguén apostaría hai 2 anos”, e reclamou “priorizar que o Pazo serva para o estudo e a reivindicación da Memoria Democrática”, e situouse “frontalmente en contra de branquear o franquismo utilizando a figura de Pardo Bazán como escusa”.

Sinalou que “entendemos que ao PP chirríalle a Memoria Democrática porque ven de onde ven, pero Feijóo ten que deixar de chamarlle xeneral a quen foi un ditador cruel e corrupto”, lembrando a polémica alusión do presidente da Xunta hai varias semanas. Engadiu que “o uso principal do Pazo ten que ser a reivindicación da Memoria Democrática, porque un Estado democrático defende e reivindica a súa memoria e oponse a aqueles que a atacan, desvirtúan e falsifican”.

Arangüena anunciou que o Grupo Socialista presentará unha pregunta oral sobre o impulso dun proxecto de Recuperación da Memoria Democrática das mulleres galegas que sufriron a represión franquista. Ademais, presentarán unha moción sobre a afectación das mulleres durante a pandemia, na que reclamarán o investimento do 0,5 por cento do investimento consolidado da Xunta ás políticas de Igualdade.

Os socialistas galegos levarán tamén ao próximo Pleno dúas interpelacións sobre a política do Goberno galego en materia de atención á saúde mental e sobre as medidas para as persoas que se atopan en situación de soidade non desexada. O Pleno da próxima semana incluirá unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que garanta a continuidade do CEIP de Baamonde, no Concello de Begonte, que o alcalde quere desmantelar para facer un conservatorio malia que conta con máis de 30 alumnos. Tamén presentarán unha pregunta oral sobre a situación do polígono industrial de Tamagos, en Verín, e a negativa da Xunta para cederlle espazo á Escola Infantil Municipal Santa Marta. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias