El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PESCA

O BNG pide incrementar os fondos de compensación ao sector pesqueiro

09-03-2021 17:17:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz en materia de Pesca do BNG, Rosana Pérez demandou “un acordo” de todas as forzas políticas para reclamar “un incremento” da partida destinada ao sector pesqueiro de 2,2 millóns de euros para todo o Estado español, cantidade que cualificou “inaceptable” e ante a que propuxo  “un acordo” de todas as forzas políticas para fixar unha contía compensatoria que debe ser defendida no  Congreso e  Parlamento europeo.  

Na súa intervención, a deputada afeou que a conselleira do Mar non comparecera dende o 16 de decembro, data do  consello anual de ministros de pesca da Unión europea que decidiu a cantidade e especie a pescar pola  a frota galega durante o 2021. “Vostede nunca está”, non estivo o 16 de decembro, non estivo o 24, non estivo en todo o mes de febreiro cando numerosos bancos marisqueiros deste país quedaron arrasados, non está agora cando se necesita unha verdadeira resposta contundente á dirección Xeral de Asuntos Marítimos e  de pesca da UE. Vostede, engadiu, viaxou a Bruxelas ao Consello anual de Ministros en decembro para traer o mesmo que trae todos os anos, “recortes e redución da capacidade pesqueira da nosa frota”. Para a deputada, a  “falta de peso político de Galiza”, no estado e na  UE, quedou de  manifestou no  acordo do Breixt. Ante este acordo, a conselleira do Mar respondeu “culpabilizaando  do resultado ao goberno español e a propia UE”.
 
Ademais, engadiu que a  falta de sensibilidade da conselleira quedou retratada nas afirmacións da titular da consellería asegurando que , “vai a haber que pensar en fixar unha cota mínima de pescadores para garantir a súa sostibilidade”, esa era a súa  solución ao acordo, salientou Rosana Pérez,  “eliminar mariñeiros”,  comprenderá vostede que non nos expliquemos como a día de hoxe, “aínda continúa sentada nese escano”.
 
O Brexit, explicou,  sáldase cun acordo que remata no 2026, (5 anos) e que implica que a frota europea, incluída a galega, renuncia a un 25% das capturas nos  caladoiros do Reino Unido e, no caso das Malvinas,  aínda están por decidir  os aranceis.70 barcos galegos nos caladoiros do Reino Unido: 60 no Gran Sol (1.400 mariñeiros), 20 en Malvinas (400 mariñeiros), aos que hai que engadir 36 buques de bandeira británica e capital galego. Despois  do 2026, as negociacións faranse anualmente, especie a especie e supoño que ninguén pensará que despois deses 5 anos, recuperaremos a cota  perdida. No mellor dos casos,  recalcou a deputada, “haberá que pelexar cada ano por minimizar os recortes de capturas”, unha situación agravada pola  distribución anual de Tacs decididos pola  UE cun  reparto que, ano tras ano, prexudica a Galicia. A frota das Malvinas, remarcou,  enfróntase a soportar aranceis que poden ir ata un 18% e ademais  os buques de capital galego e bandeira británica están ameazados pola posíbel normativa do  Reino Unido para asegurar un maior peso de capital británico no sector e  polos dereitos de cidadanía dos seus mariñeiros galegos que poden verse afectados.
 
Tras lembrar o acordo parlamentario aprobado por unanimidade no Parlamento galego para tramitar o recoñecemento de Galiza como “zona altamente dependente da pesca” e mellorar o  acceso ás cotas de pesca e financiamento da  actividade produtiva, así como demandar do goberno do Estado a revisión do “principio de estabilidade relativa” para garantir un equilibrio axustado e equitativo a cada país, a nacionalista volveu a propoñer “un acordo” para incrementar a partida do fondos europeos  destinados ao   sector pesqueiro  e o compromiso de defender este  acordo no Congreso e na UE.
 
Tras a intervención da conselleira, que eludiu pronunciarse sobre as propostas formuladas pola deputada do BNG, Rosana Pérez reiterou que urxe  reclamar o incremento da partida para compensar ao sector pesqueiro  e manter aos  grupos  parlamentarios  informados  porque o único que coñecemos son as declaracións á prensa. Hai que tomar decisións “áxiles e efectivas”   porque o sector non  pode seguir agardando e “o peor do Brexit está por vir”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias