El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón: "O único concreto da reunión Feijóo-Ábalos foi a rebaixa das peaxes da AP-9 conseguida polo BNG"

10-03-2021 19:37:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA |  A portavoz nacional, Ana Pontón, lamenta a falta de resultados da reunión mantida entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, José Luís Ábalos. Para a líder do BNG,  o mellor resumo desa falta de contidos é a propia nota de presa emitida polo Gabinete de Presidencia, na que se destaca a rebaixa das peaxes da AP-9 que nada ten a ver coa xestión do Executivo de Feixóo, senón que é un logro do BNG recollido no acordo de investidura co PSOE e que se traduce nunha partida orzamentaria de 55 millóns de euros. 

“O único tema concreto é resultado da negociación do Bloque en defensa dos intereses de Galiza nun tema de tanta importancia como a redución de peaxes da principal vía por estrada”, indicou Pontón, “Feixóo nin sequera conseguiu do ministro que concretase a aplicación desas reducións máis aló de confirmarlle que será no primeiro semestre deste ano, cuestión coñecida e que criticamos por canto que o Goberno de Sánchez non está facendo esperar ao BNG senón aos galegos e as galegas”, indicou Pontón. 

A líder nacionalista ironizou sobre o feito de que o presidente da Xunta “presuma” de que negociará con Ábalos a aplicación da rebaixa das peaxes conseguida polo BNG: “penso que é un retrato bastante clarificador de que foi un encontro con moita posta en escena pero sen resultados cando están pendentes infraestruturas vitais para o País”.  A líder nacionalista tamén fixo referencia ao chío no que o propio presidente da Xunta sintetiza o encontro: “resulta irrisorio que se mostre tan ufano cando basicamente o único concreto é unha nova data reunión en abril e  designar a un coordinador para as infraestruturas pendentes en Galiza”.
 
Pontón considera moi grave que Feixóo non reclamase ante Ábalos a condonación da débeda do Porto da Coruña por parte do Estado, igual que se fixo no caso de Valencia, “pese a admitir que o Porto coruñés está nunha situación económica crítica a medio prazo”, e que a conexión ferroviaria con Punta Langosteira siga a ser unha entelequia. Só se anunciou a licitación do estudo de propostas para a saída Sur de Vigo, que o propio ministro de Fomento atribuíu máis ao empeño do Goberno de Portugal que a méritos do Executivo galego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias