El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | SOGAMA

Ana Miranda: "O PP minte cando afirma que o modelo que defende a UE é o de SOGAMA"

10-03-2021 19:50:09

BRUXELAS | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, criticou a defensa que fai o goberno galego do modelo SOGAMA de incineración, xa que se trata “dun modelo desfasado, ineficiente, custoso e que causa grandes prexuízos medioambientais”. En concreto, o modelo SOGAMA Incumpre sistematicamente tres Directivas europeas, como son a de Vertido, de Envases e Marco de residuos, xa que SOGAMA non recolle separadamente a materia orgánica, senón que vai mesturada co resto no contedor verde con destino á incineración e vertedoiro.

“O PP minte cando asegura que o modelo que defende a UE é o de SOGAMA, xa que SOGAMA non fai recollida selectiva da materia orgánica nin un tratamento selectivo separado, que si o fan Nostián e Lousame. Polo tanto, a UE avala os métodos de Nostián e Lousame, máis non de Sogama”, explica a nacionalista, en referencia a un comunicado de prensa do goberno galego, que ao seu xuízo “é un auténtico despropósito, ao cargar contra Europa e o Estado da súa propia incompetencia ao non cumprir a normativa comunitaria”. “Son precisamente os sistemas que como o de SOGAMA recollen mesturada a fracción orgánica con outros refugallos os que segundo esa nota van deixar de recibir cartos da UE”, apunta Miranda.  

A portavoz do Bloque en Europa lembra que o BNG leva anos denunciando en Galiza e Bruxelas, xunto a ADEGA e a Plataforma Galega contra a incineración a nefasta política de residuos que practica en Galiza o PP. Ao respecto sinala que o PP forzou o peche da denuncia presentada na Comisión de Peticións da Eurocámara por parte de numerosos colectivos contra a xestión dos residuos que leva a cabo SOGAMA. Sinalou que esta xestión de residuos está baseada na incineración, no transporte do lixo de forma ineficaz e no cobro aos concellos por non reciclar. “Debería modificar esta política de tratamento de residuos baseada na incineración e potenciar a reciclaxe”, subliña.  


Incumprimentos sistemáticos  

O modelo SOGAMA non cumpre, entre outras, a Directiva Marco de Residuos porque non respecta a xerarquía de residuos en tanto que está baseado na non separación na orixe dos materiais, o enterramento e a incineración. Por outro lado, segundo os propios datos que facilita SOGAMA, presenta un dos índices totais de reciclaxe máis baixos de Europa, cun 15% en 2019, moi inferiores ao 50% que fixaba a UE para 2020.

Ademais, o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia, aprobado en 2011 e cofinanciado pola Comisión Europea con 72 millóns de euros, tampouco cumpre os requisitos de eficiencia enerxética, xa que SOGAMA non acada a eficiencia enerxética mínima do 0,6% que marca a UE para que a súa incineración poida ser considerada valorización enerxética. A esta situación súmase que SOGAMA queima o lixo e enterra os residuos, segundo denuncian os colectivos ecoloxistas, transformándoos en gases de efecto invernadoiro, polo que se converte nunha das máximas fábricas de cambio climático de Galicia. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias