El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | HOSTALERÍA

O BNG propón un plan de rescate da hostalería

Moratoria impositiva, e IVE reducido para levantar o sector.

11-03-2021 18:09:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón,  o portavoz parlamentario de turismo, Daniel Pérez, e a portavoz municipal de Santiago, Goretti Sanmartín, mantiveron un encontro coa Plataforma galega en defensa da hostalería para analizar a situación dun sector que xa deixou polo camiño 10.000 postos de traballo.

“A situación é gravísima e non afecta só os aos propietarios dos negocios, afecta a traballadores e provedores de alimentación, bebidas, servizos técnicos ou ao sector primario, porque a hostalaría repercute en todo o tecido económico das vilas e cidades”, argumentou Pontón, quen insiste en reclamar un Plan de rescate da hostalería ante as axudas “escasas e tardías” do Goberno de Feijóo.

“O que non pode facer un Goberno responsable é cortar de raíz a actividade dun sector sen poñer sobre a mesa as axudas necesarias porque as facturas non están confinadas e seguen chegando puntualmente, e a resposta da xunta é insuficiente e tardía, axudas que non cobren as perdas deste sector que está nunha situación límite”, indicou.

Ante isto, Pontón salientou as propostas do BNG que pasan por un Plan de rescate real para a hostalería e o turismo, “que debe estar operativo canto antes para evitar máis peches definitivos de locais”, un plan que debe ir acompañado dun paquete de medidas no ámbito fiscal e financeiro. Con actuacións como aprazar os pagos de IRPF, do IVE e ampliar prazos para abonar o imposto de sociedades, así como aplicar un IVE reducido,  “para darlle competitividade e animar o consumo”.

Igualmente, o Bloque propón exonerar ás persoas autónomas do pago das cotas correspondentes ao tempo de peche e reducións no pago das cotizacións sociais xs afectadxs polo cese de actividade derivado da pandemia. Finalmente, insta ao Goberno da Xunta á negociar coas entidades bancarias un mínimo dun ano de carencia nos créditos.

“É imprescindíbel darlle un apoio decidido ao sector a través duns orzamentos expansivos e eses recursos, -incluíndo tamén os Next Generation-, deben chegar aos sectores económicos e aos traballadores e traballadoras, autónomos e autónomas”, concluíu Pontón, indicando que vai levar todas estas propostas a través de iniciativas parlamentarias.  A líder do BNG tamén se referiu ao encontro mantido onte entre o presidente da Xunta e o Ministro de Fomento, que cualifica de “fiasco” por canto non tivo resultado algún para Galicia.


Encontro fiasco para Galicia  

“O balance limítase a un Feixóo presumindo dun acordo do BNG, como é a rebaixa das peaxes con 55 M€ nos orzamentos,  e o seu trágala ante Abalos, dicindo que si a todo sen ter nada concreto. Nin sequera foi capaz de reclamar que o Estado asuma a débeda do Porto da Coruña, como se fixo co Porto de Valencia, e resulta que a gran novidade é o anuncio da conexión por tren a Punta Langosteira, como se estivese en cuestión unha infraestrutura que leva anos de retraso”, alegou. “As postas en escena teñen que ter algo detrás, resultados concretos, pero todo apunta a que tras este encontro o que se prepara é un novo agravio con Galiza en infraestruturas básicas para o País”, advertiu a portavoz nacionalista. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias