El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón comunica a Feijóo que acepta a proposta do 26M

11-03-2021 18:28:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladou por escrito ao xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijóo, a súa dispoñibilidade para que o encontro bilateral entre a líder da oposición e o presidente da Xunta se celebre o 26 de marzo, tal como este propón.

Con esta contestación, -o terceiro escrito que intercambian-, a portavoz do BNG traslada tamén a súa disposición a abordar todos os asuntos que se consideran clave para Galiza no actual momento de crise, tanto os xa recollidos na carta remitida pola nacionalista o 1 de marzo como os que o presidente da Xunta considere oportuno incluír na axenda do encontro entre ambos.

Neste sentido, Pontón trasladou que entre os temas a abordar figuran o fondos europeos de recuperación económica, Next Generation, -os únicos extraordinarios na pandemia-, un novo modelo de coidados que coloque as persoas no centro e garanta o dereito a unha vellez digna, ou a estratexia de vacinación que permita administrar o antídoto COVID coa maior eficacia posible, unha vez que se acaben os problemas de subministro.

Serán agora o equipo de Presidencia e o gabinete da Portavocía Nacional os que ultimen os detalles dese encontro bilateral, tal como se indica no escrito remito desde San Caetano. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias