El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

EVELB

Evelb desenvolve a nova app do Concello de Cangas

Xa está dispoñible para a súa descarga.

12-03-2021 10:34:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Xa está operativa a aplicación para dispositivos móbiles do  Concello de Cangas creada pola empresa tecnolóxica evelb -con sede en Santiago de Compostela-, un proxecto que a entidade pontevedresa tiña como prioritario dentro da súa estratexia de dixitalización. Esta app evolucionará adaptándose ás necesidades que vaian xurdindo aos usuarios no tempo. 

A  app, dispoñible tanto para  iOS como Android, conta cun deseño sinxelo no que as seccións están perfectamente diferenciadas por categorías e cores, dando resposta deste xeito á demanda de crear un produto que favoreza “a transparencia e accesibilidade directa aos veciños, ao mesmo tempo que nos permite dar a coñecer o municipio en todos os seus puntos e axiliza a detección de incidencias que temos que solucionar”, tal e como detalla Victoria Portas, alcaldesa de Cangas. 
 
A nova  app do  Concello de Cangas é o complemento e reflexo perfecto da súa páxina web, pois mantívose tanto a mesma estrutura como a posibilidade de acceder a todos os trámites e servizos dos que dispón o Concello no seu portal virtual. Deste xeito, pódese consultar desde calquera smartphone ou tablet no que se descargue a app información sobre turismo, cultura, axenda, actualidade, incidencias, servizos á veciñanza, pleno municipal, as redes sociais do organismo público e as distintas áreas representativas das concellerías.

“A idea de crear esta aplicación xorde porque cremos que é unha forma máis práctica de que a veciñanza acceda a toda a información relativa ao Concello de Cangas, ademais de ser un recurso útil en canto a turismo. Cangas é un municipio moi turístico e cremos que é un sector importante que hai que explotar doutro xeito. Con esta app poñemos ao dispor de calquera persoa un mecanismo sinxelo, totalmente optimizado, para visitar o noso municipio de forma áxil”, explica Victoria Portas. 

“Todo o equipo de Desenvolvemento de evelb implicouse desde o minuto uno nun proxecto tan importante para a empresa coma este. Conseguimos crear unha app fácil de actualizar para o Concello de Cangas e, ao mesmo tempo, intuitiva e apetecible para o usuario final”, declara Julio Nimo, responsable do departamento de Desenvolvemento de evelb.


Axilizar a xestión de incidencias 

Outro dos aspectos clave da nova app do Concello de Cangas é o apartado de xestión de incidencias. Do mesmo xeito que na páxina web da entidade canguesa, nela tamén está integrada EMERXIA, unha plataforma creada por evelb e deseñada para facilitar a comunicación de incidencias ou suxerencias entre a cidadanía e os concellos. Mediante un sinxelo formulario e utilizando ferramentas como a xeolocalización e o envío de fotografías, toda a veciñanza e os visitantes poden notificar ás oficinas municipais a través da app calquera dano, suxerencia ou problema de todo tipo.

“EMERXIA está a funcionar realmente ben na web e os e as cidadás están a responder con ela. Agora, estando tamén dispoñible dentro da app, cremos que será máis práctico aínda e que isto permitirá unha maior axilidade na xestión”, afirma a rexedora.

“evelb creou EMERXIA en 2017 co propósito de responder a unha necesidade latente como era a de resolver incidencias en concellos de forma áxil e co menor esforzo posible e lográmolo, pois EMERXIA non require da instalación de apps adicionais ou de rexistro. Desde a súa posta en marcha en distintas entidades públicas a resposta positiva dos cidadáns daqueles concellos que a utilizan superou mesmo as nosas expectativas”, manifesta Julio Nimo, responsable do departamento de Desenvolvemento de evelb. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias