El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG preguntará a Feijóo pola corrupción e "caixas B" que afectan ao PPdeG

16-03-2021 15:01:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA | No vindeiro pleno do Parlamento galego a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón preguntará a Feijóo polos casos de corrupción no Partido popular e “as caixas B do PP” que  afectan de cheo ao PPdeG e Partido popular de Pontevedra. Dende o BNG, dixo o viceportavoz 2º do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lorenzo, o presidente da Xunta debe responder sobre “esta financiación ilegal”  e “diñeiro negro” utilizado en campañas electorais en Galiza.  

Por outra banda, tras a xunta de portavoces para elaborar a orde do día da vindeira sesión plenaria, o deputado do BNG avanzou que o BNG  defenderá a Proposición  de Lei, Ángeles Alvariño para impulsar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito universitario e de investigación.  


O PP impide as comparecencias de Vivenda e Sanidade  

Asemade, engadiu, dende o BNG solicitamos dúas comparecencias cruciais no contexto de pandemia que estamos a vivir, por unha banda a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para abordar as consecuencias  derivadas dos prezos dos alugueiros e o seu incremento do 5% en plena crise económica e lamentamos que o Partido popular rexeitara esta comparecencia polo que decidimos incorporala a través dunha interpelación xunto con outra relativa á situación do sector eólico no noso país.  

Por outra banda, dende o BNG, explicou Lourenzo consideramos que as informacións sobre os posibles  efectos secundarios da vacina AstraZeneca e as previsións sobre a súa suspensión en Galiza precisan dunha explicación do conselleiro de Sanidade. Son tempos, reiterou o nacionalista nos que a sociedade debe estar informada  e administración pública debe transmitir “tranquilidade, serenidade e confianza á poboación” polo que  lamentamos que o Partido popular tamén impida que compareza o titular de Sanidade, unha vez máis, recalcou Lourenzo” o PP equivócase”.    

O portavoz segundo do BNG  tamén fixo referencia ás proposición non de lei relativas ás accións contra os riscos na saúde que provoca a fábrica de ENCE en Lourizán e demandar da pasteira que “cese” os episodios de chantaxe e “violencia extrema” vividos nos últimos días en Pontevedra.  

Finalmente, o BNG demandará no Parlamento un plan estratéxico de recuperación e impulso da actividade económica e comercial do porto da Coruña, medidas contra a inestabilidade do estaleiro de Barreras, abordar os problemas do servizo do 061 na comarca do Morrazo e iniciativas para apoiar o sector da cultura. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias