SANTIAGO DE COMPOSTELA | Ateneo
de Santiago ofrece unha conferencia titulada "De ditadores e tumbas. Unha ollada sobre o uso histórico dos lugares de
memoria totalitarios, 1945-2020", que estará impartida por Xosé Manuel Núñez
Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.
Acontecementos como a exhumación de Franco do Val
dos Caídos o pasado 2019 ou a recente expropiación do Pazo de Meirás
á familia Franco abriron o debate sobre que facer cos lugares de memoria
vencellados intimamente á biografía dos ditadores e como resignificalos. O
conferenciante tratará estes asuntos cunha perspectiva comparada, pois non é un
debate exclusivamente español, senón que é aplicable a outros países europeos.
Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia
Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte
dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.
Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos,
así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia. Ler máis