OURENSE | O BNG elixiu a
beira do Miño en Ourense e O Día mundial
da auga para presentar os proxectos en materia de economía circular e para
a xestión do ciclo da auga cun investimento global de 1.100 millóns de euros financiables con
cargo aos fondos europeos de recuperación, Next
Generation, que inclúe no seu documento Xerar
Futuro, Galiza Next.
Nun cumio que
congregou aos cargos institucionais na provincia, a portavoz nacional, Ana
Pontón, explicou as propostas do Bloque
para combater o cambio climático desde a bioeconomía e a xestión dun recurso
estratéxico como é a auga nunha urbe que ten entre os seus activos o Campus da Auga e
conta cunha longa tradición termal en toda a provincia.
“A auga é un elemento estratéxico, un recurso esencial no só
para a vida senón tamén para a actividade económica e por iso consideramos estratéxica e prioritaria a
protección, conservación e boa xestión da auga, máxime tendo en conta o cambio
climático, -en Ourense xa vimos episodios intensos de secas-, que impacta de
maneira dramática ao sector agrogandeiro”, explicou Pontón na presentación.
A líder nacionalista, precedida no uso da palabra polo
portavoz municipal, Luís Seara, e pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, puxo
precisamente a vila alaricana como exemplo de desenvolvemento sustentable,
partindo da recuperación dun recurso hídrico e dun espazo ambiental como o Río
Arnoia fai máis de tres décadas.
Para esa xestión
sustentable do ciclo da auga, o BNG aposta por tres grandes proxectos cun
investimento de 800 millóns: Estratexia da auga 2030, Plan Galiza dos dez mil ríos e Proxecto Galiza termal con sede en
Ourense. A estratexia da auga 2030 ten como centro de actuación a protección
e conservación dos recursos hídricos no que a depuración é un factor clave.
Neste sentido, o proxecto recolle un amplo abano de medidas como a modernización
das redes municipais de abastecemento de auga, e tamén comunitarias e veciñais;
dotar de depuración todos os concellos rurais
e urbanos e dimensionar as redes de saneamento e de separación de pluviais e
residuais. Dentro desta estratexia da auga tamén se inclúe un plan para reutilizar
augas residuais e de lodos de depuradoras.
En
relación ao Proxecto Galiza Termal, con base na provincia de Ourense, inclúe a
posta en marcha dun clúster de investigación e desenvolvemento das augas
termais e mineromedicinais, “e aposta igualmente por poñer en valor a historia,
patrimonio e arqueoloxía; e os usos vinculados á saúde, ciencia e benestar”,
explicou Pontón. Finalmente, o Plan
Galiza dos dez mil ríos para a recuperación, vixilancia e posta en valor da
rede fluvial e a creación de reservas fluviais.
Xunto á xestión do ciclo da auga, e outra cuestión relevante
é a economía circular, para o que BNG presenta propostas por valor de 300M€,
unha aposta pola bioeconomía que se traduce en dous proxectos concretos: a Axencia para os Residuos e a Economía
Circular e o Proxecto ForMar para a
investigación e aproveitamento de materiais de orixe forestal e mariña.
O potencial laboral da bioeconomía
A axencia
desenvolvería unha xestión circular de plásticos, biorresiduos de orixe
doméstica e comercial, de orixe agrogandeira, residuos industrias e residuos de
construción e demolición. “O obxectivo é poñer en marcha accións de
prevención e redución de residuos e, ao mesmo tempo, desenvolver unha puxante economía da xestión circular dos
residuos que ten potencial para crear de miles de empregos”, argumentou Pontón.
De feito, unha das principais iniciativas da axencia estaría
na xestión de plásticos apostando pola redución, substitución e reciclaxe. E nesta
liña de economía circular xoga un papel destacado a estratexia integral de
compostaxe da materia orgánica con actuacións en tres niveis: domiciliario,
comunitario, e plantas locais/comarcais en zonas urbanas onde non é posíbel instalar
compostoiros comunitarios. Finalmente,
a xestión de residuos tamén debe incluír proxectos comarcais de tratamento e
reutilización de residuos agrarios e gandeiros e un Plan de xestión sustentábel da biomasa forestal.
Investigar e innovar con biomateriais
En canto ao Proxecto
ForMar, trátase dun programa
de investigación, innovación e desenvolvemento de biomateriais de orixe
forestal, actividade de gran potencial
en Galiza. Ao que se suma o proxecto de biorrefinerías para transformar materia prima forestal e
desenvolver prototipos e materiais para uso biosanitario, construción,
industria, automoción entre outros.
“Son as
propostas para a xestión sustentable do ciclo da auga, cun investimento de 800 millóns de euros, e para impulsar a economía circular ou bioeconomía, cun investimento de 300 millóns. En total, 1.100 millóns en proxectos de economía verde, baseada na ciencia e na
investigación, que é o modelo de futuro que defendemos para Galiza”, concluíu
Pontón. Departamento de comunicación