El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Ana Pontón, sobre a vacinación: "Co ritmo actual non vai ser posible conseguir os datos de vacinación que se estimaban"

A portavoz nacional considera irreal chegar ao 70% de vacinación en agosto.

29-03-2021 16:02:17
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG vai levar ao próximo Pleno do Parlamento unha proposición de lei para que a violencia vicaria, - é dicir, a que se exerce contras as mulleres a través da vida dos seus fillos e fillas-, sexa considerada violencia machista a todos os efectos legais e, polo tanto, as mulleres que sofren esta forma dramática de terrorismo de xénero poidan contar con toda a protección que ofrece a lei en vigor. 
Este asunto, explicou,  foi un dos puntos de encontro na reunión mantida co presidente da Xunta, e dada a gravidade do tema o Bloque quere resolver o tema canto antes.
 
“É un caso de violencia extrema, cruel e moi dura e hai que activar todos os mecanismos que permitan a maior protección posible”, indicou Pontón, “cada vez hai máis xurisprudencia que, tomando como base o convenio de Istambul, considera que son actos de violencia machista e para permitir ese recoñecemento formulamos unha proposición de lei para modificar a Lei galega contra a violencia de xénero e facer efectiva esa consideración”, explicou a portavoz nacional.
 
O obxectivo deste cambio é que as mulleres que sofren violencia vicaria teñan acceso a toda a protección recollida na actual lexislación de loita contra o machismo, como as axudas psicolóxicas, económica ou indemnizacións para, explicou Pontón, “facilitar unha saída e acompañar ás mulleres que quedan en estado de shock, cun impacto anímico, emocional e psicolóxico que conleva a perda do traballo e, en consecuencia, nunha situación económica precaria, en definitiva, unhas consecuencias dramática que como sociedade temos que atender e resolver”, alegou.
 
Non son casos numerosos, indicou, “pero baste con que o soportase unha muller para que tomemos as medidas legais necesarias para protexelas ante unha situación extrema de violencia machista e debemos facelo canto antes”.
 
Pontón adiantou que o Bloque vai levar ao Parlamento unha iniciativa para avanzar no autogoberno real de Galicia a través da consecución de novas transferencias, tras doce anos de Goberno de Feijóo sen recibir nin unha soa nova competencia, cuestión que tamén suscitou coincidencias na reunión mantida entre ambos.
 
“Queremos concretar temas e calendario de transferencias máis aló da AP-9 cuxo debate está en marcha e esperamos chegue a bo porto canto antes”, salientou. Ademais, volveu poñer sobre a mesa unha cuestión que xa trasladou ao presidente da Xunta: que as sete novas residencias previstas nas cidades sexan de xestión pública directa.
 
“É necesario un cambio de modelo porque a COVID puxo de manifesto as deficiencias dun sistema altamente privatizado, -o 85% das prazas residenciais son privadas ou de xestión privada-, o que implica que o coidado dos maiores non se ve como dereito a unha vellez digna, senón como un negocio. Esa xestión pública directa mandaría unha mensaxe clara ante unha cidadanía que viu con arrepíos o que pasou cos maiores na pandemia”, destacou, para pedir un acordo no Parlamento neste asunto. 


A dobre de medir cando a líder é muller  

A preguntas dos medios, Pontón amosou a súa sorpresa ante o debate e as críticas suscitadas tras a súa petición de encontro bilateral co presidente da Xunta desde a súa responsabilidade como líder da oposición graza, lembrou, “aos votos dos galegos e das galegas”.

“Sorpréndeme que algo que é unha  práctica habitual en democracia suscite tanto debate aquí e pregúntome por que se te chamas Pachi Vázquez ou Gómez Besteiro e te reúnes co presidente da Xunta non suscita ningún tipo de crítica, pero se te chamas Ana Pontón e te reúnes co presidente da Xunta choven as críticas do PP e do PSOE. Paréceme, como dicían as feministas, que ás mulleres se nos critica se levas a saía curta porque a levas curta e se a levas longa porque a levas longa, e xa está ben”, reclamou.

En todo caso, indicou a súa disposición a asistir a calquera reunión que propoña o xefe do Executivo para abordar solucións aos problemas do País, “e ogallá ese sexa o camiño que tome o presidente galego, o de escoitar as propostas que temos que facerlle”, concluíu.


Obxectivo de vacinación non realista

En relación ás medidas contra a COVID de cara a Semana Santa, pediu máxima responsabilidade e precaución por parte da Xunta, e que se valoren todas as medidas porque o “prioritario” é evitar unha cuarta onda, tendo en conta a maior incidencia das novas cepas. 

“Co ritmo actual non vai ser posible conseguir os datos de vacinación que se estimaban e non ten sentido xerar falsas expectativas, pedimos transparencia e eficacia en todo o proceso, garantir o mesmo ritmo en todas as áreas sanitarias, e o goberno debe dicirlle aos galegos e as galegas a verdade, ser realista e dicirlle a verdade á poboación, encantaríamos que se cumprira o previsto pero non é realista pensar que vai ser así co actual ritmo de subministro”, alegou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias