El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Más noticias

SANTIAGO | AEROPUERTO

O BNG reclama melloras e máis seguranza no aeroporto de Santiago de Compostela

29-03-2021 16:34:47
Néstor Rego, no aeroporto de Santiago.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a voceira municipal da formación nacionalista en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, estiveron no aeroporto Santiago-Rosalía de Castro para escoitar os problemas das traballadoras, acompañados de Pablo de Prado, responsábel da sección sindical da CIG en Aena. A organización nacionalista anuncia novas iniciativas a nivel municipal e no Congreso diante das políticas de redución de persoal que se están levando a cabo e os problemas de seguranza.

Durante a visita a delegación sindical da CIG Aena e CIG Enaire trasladou á formación nacionalista as eivas que ten o aeroporto, moi marcado neste último ano polas decisións que se tomaron a raíz da pandemia da COVID-19 e que se seguen a manter no tempo, nalgúns casos inxustificadamente. Moitos destes temas xa foron levadas como iniciativas ao Congreso pero o BNG anuncia que insistirán "pois as respostas por parte do Ministerio non son en absoluto satisfactorias”.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, salientou tres cuestións das tratadas na reunión e que cualificou como “importantes”. A primeira delas é a necesidade de construír unha nova depuradora, asunto do que “a propia Administración é consciente” mais estase demorando. “Insistiremos para que se poidan pór os medios canto antes para poder construír esa nova depuradora no aeroporto” afirmou Rego.

En segundo lugar fixo referencia ás instalacións da vella terminal que están sen utilizar e que están deteriorándose. "Coincidimos cos compañeiros da CIG en que estas instalacións poden ter moitos usos que redunden en beneficio non só de Santiago de Compostela senón da xeración de emprego e o desenvolvemento social e económico desta cidade e do noso país” destacou o deputado nacionalista. Así mesmo, enumerou varias das actividades que se poden desenvolver nestas instalacións: “desde hangares, reparación de aeronaves, formación aeronáutica”.

En terceiro lugar, Rego lembrou que a formación nacionalista xa rexistrou unha iniciativa no Congreso con motivo da seguranza do Rosalía de Castro e a resposta non foi satisfactoria. “Parte da base de que a dirección deste aeroporto non quer cubrir as baixas ou as ausencias de persoal e implica que o aeroporto baixe a súa categoría de 7 a 5. No caso de emerxencia, provoca que grandes aeronaves non poidan aterrar en Santiago e se teñan que desprazar a Vigo ou A Coruña” recrimina Néstor Rego.

Neste sentido, o deputado lembrou que o de Santiago é un aeroporto internacional que ten servizo de 24 horas, mentres o de Vigo e A Coruña non, e se houbese calquera problema ou emerxencia, as aeronaves terían que desviarse ao aeroporto do Porto. Rego sinalou que a formación nacionalista se compromete a que se “cumpra con todos os estándares en todos os ámbitos e cumpra unha función ao servizo do País desde unha perspectiva de país”. 

Pola súa banda, a voceira municipal do BNG en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín lembrou que o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, é o representante da FEGAMP no Comité Aeroportuario de Galiza e “terá que dar contas xa de que cuestións se están facendo para conseguir que o aeroporto de Santiago de Compostela sexa un aeroporto de referencia e sexa un aeroporto de primeira”. Alén de presentar as iniciativas con cuestións como a EDAR, a vella terminal ou os terreos do aero club, a voceira municipal anunciou que no pleno do mes de abril exixirá que se eliminen as políticas de redución de persoal e aumente a seguranza das instalacións e os servizos.


De categoría 7 a 5 

Tanto o deputado no Congreso como o delegado sindical da CIG Aena, Pablo de Prado, coincidiron en que a baixada de categoría está afectando ao crédito e ao prestixio internacional do aeroporto de Santiago. “Que por aforrar algúns euros en persoal se poña en cuestión a capacidade operativa e a seguranza do aeroporto  é unha gravísima irreponsabilidade” destacou o deputado. Así, explicaron que algúns servizos que deben ter dúas persoas no posto de traballo, na actualidade estanse cubrindo cunha única persoa o que supón un perigo engadido xa que “se esa persoa se ten que ausentar por calquera motivo o servizo queda sen atender”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias