ASTURIAS | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, viaxou a Asturias para reunirse coa
alcaldesa de Avilés, Mariví Monteserín, e cos comités de empresa de Alu
Ibérica da Coruña e Avilés para abordaren as actuacións a seguir co fin
de garantir o futuro das plantas de Alu Ibérica.
Inés Rey pedirá a o Estado e á Xunta, xunto ca súa homóloga en
Avilés, Mariví Monteserín, a convocatoria urxente da Mesa de Seguimento
de Alu Ibérica co fin de buscar una solución inmediata que garanta a
actividade industrial das dúas plantas. Entende que Alcoa é a máxima
responsable dos incumprimentos dos acordos fixados na venda das fábricas
e concorda cos comités da empresa na suposta ilegalidade do proceso
especulatorio dos actuais propietarios, agora investigados pola Xustiza.
"Hoxe adquirimos un compromiso firme de trasladar á Xunta de Galicia,
con competencias directas en Industria, e tamén ao Estado, a necesidade
de convocar xa non una Mesa de Seguimento de Alu Ibérica, senón una
mesa xeral para garantir os investimentos, os postos de traballo e un
proxecto para o aluminio con independencia do camiño xudicial ao que non
podemos agardar posto que urxe darlle una solución inmediata da man dos
traballadores e das institucións con competencias na materia", sinalou a
rexedora coruñesa.
Mediamos ante o Ministerio de Industria, estaremos en permanente
contacto coa Delegación do Goberno e solicitaremos á Xunta de Galicia
que se implique directamente na busca dunha solución de futuro para a
planta de aluminio na Coruña, unha "solución que pasa directamente pola
implicación da administración autonómica en Galicia", asegurou Rey, "non
só porque é a Xunta a que ten as competencias en Industria, senón
porque é, co Estado, a Administración con recursos suficientes para
aportar solucións".
Rey apuntou que "mantemos unha fronte común co Concello de Avilés, un
municipio que está a vivir o mesmo problema ca nos, e con eles, da man,
faremos máis forza". Así, a rexedora manifestou a súa preocupación "polo que está a
acontecer coa antiga Alcoa e pola situación laboral actual". Rey lembrou
que, no seu día, "xa solicitamos que se analicen polo miúdo as
sucesivas vendas de Alcoa a Parter Capital primeiro e ao Grupo Riesgo
despois" e asegurou que, pola súa banda, non se aceptarán xogos "con
algo tan esencial como é o mantemento da actividade industrial".
Rey indicou que o seu executivo segue "con moita atención os
distintos procedementos xudiciais abertos sobre as ditas transaccións,
tamén o que está en curso na Audiencia Nacional no que se dirime a
legalidade da venda por non terse cumprido os termos dos acordos
asinados" e, neste proceso, sinalou, "apoiamos tamén a postura das e dos
traballadores e esiximos que, en caso de nulidade, se cumpran os termos
dos acordos asinados no seu día cos representantes do persoal
traballador".
A alcaldesa da Coruña concluíu manifestando que se está a facer "todo
o que está nas nosas mans en apoio do persoal traballador e das súas
demandas, e saben que poderán contar con nós no que precisen". Departamento de comunicación