Coa firma do convenio do colaboración entre APE Galicia e a Confederación de Empresarios de Pontevedra comeza unha nova relación entre ambas institucións, que móstranse predispostas a colaborar na defensa dos seus asociados de forma conxunta, aunando forzas para o apoio do colectivo, sobre todo, nesta situación crítica que se está a vivir coa pandemia.
O convenio tamén trata de impulsar e divulgar actividades que resulten de interese para ambas as institucións, propiciando o desenvolvemento económico na provincia de Pontevedra, polo que Ape Galicia e a CEP facilitarán información sobre as súas respectivas liñas de actuacións que poidan ser de interese para os seus colectivos.
Ambas as entidades traballarán conxuntamente para a elaboración de propostas relativas a materias de interese xeral ou sectorial das persoas traballadoras autónomas, así como información, formación, fomento da empregabilidade, implantación de sistemas de calidade e novas tecnoloxías. Departamento de comunicación