El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG celebrará os 40 anos do Estatuto de Autonomía

01-04-2021 18:19:14
González Laxe (i), Touriño (d), e Gonzalo Caballero.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrará o sábado un acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, para o cal contará cos expresidentes socialistas da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

Deste xeito, o PSdeG con Gonzalo Caballero á fronte pon en valor o papel dos socialistas no Estatuto de Autonomía reafirmará o seu “compromiso galeguista e co autogoberno”, o mesmo que levou ao partido a contribuír á elaboración dun texto estatutario “de primeira” para Galicia.

De feito, o PSdeG é o único partido dos que actualmente teñen representación na Cámara que participou na redacción da carta estatutaria de 1981. “Sempre estivemos nos momentos clave defendendo a Galicia cun claro compromiso galeguista e coa autonomía”, resaltou Gonzalo Caballero.

No acto tamén participarán José Vázquez Fouz, representante do PSdeG na chamada Comisión dos 16, a que redactou o texto estatutario; e Margariña Valderrama, membro da executiva do PSdeG naquelas datas. Ademais, tomarán a palabra Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e Noa Díaz, deputada autónomica e coordinadora do libro ‘A esforzada conquista da autonomía’. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias