SANTIAGO DE COMPOSTELA | O parlamentario do BNG, Luís Bará lembra que
desde o pasado 10 de decembro o Pazo de Meirás permanece pechado, circunstancia, que na súa opinión, “vulnera a lexislación
vixente en materia de Patrimonio cultural”. A finais do mes de
xaneiro, engade o nacionalista pospúxose o acceso aos espazos públicos
por mor da situación sanitaria pero hoxe en día, e despois de catro meses, “da
entrega das chaves non ten xustificación o seu peche”, afirma.
Ante esta situación, o BNG propuxo no
Parlamento galego tres medidas concretas: “a apertura inmediata do Pazo de
Meirás nos seus espazos exteriores, que a primeira actividade prevista para o
mes de abril sexa unha grande homenaxe pública a todas as vítimas da represión
e espolio así como as entidades e persoas que loitaron pola recuperación do
Pazo como mostra de recoñecemento e dentro do debate sobre os usos de Meirás,
estudar a posibilidade de convertelo nun grande centro internacional de
divulgación, investigación e defensa dos valores democráticos e dereitos humanos, fronte as ditaduras e os fascismos”. Para o deputado do BNG urxe abrir os espazos exteriores
do Pazo de Meirás co fin de acadar a apropiación cidadá e polo simbolismo do
lugar.
Neste sentido, cumpre lembrar que o BNG levou
ao Parlamento galego diferentes iniciativas para a recuperación do Pazo de
Meirás e polo seu uso público así como
de reparación das vítimas da ditadura e
contra o espolio que supuxo a usurpación deste ben patrimonial ao seu lexitimo dono, o pobo galego. Departamento de comunicación