El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón pide a Feijóo que explique na Cámara o proceso de vacinas

O 30% dos maiores de 80 anos aínda espera a primeira dose

05-04-2021 15:16:32
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, pide a comparecencia en Pleno do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, para que explique o proceso de vacinación, toda vez que, cos últimos datos oficiais publicados, en Galicia aínda están ser recibir a primeira dose o 31% das persoas maiores de 80 anos, en cifras absolutas arredor de 74.000 persoas.  

“O Goberno que presumía de poder administrar 100.000 vacinas diarias aínda non foi capaz de completar a vacinación do 100% dos maiores de 80 anos, un colectivo de 235.000 persoas”, indicou a líder nacionalista, quen é consciente de que houbo problemas de subministro, “pero tamén é evidente que algo non se está facendo ben cando estamos á cola da vacinación das persoas octoxenarias segundo os últimos datos oficiais publicados”.  

A portavoz do Bloque tamén considera urxente que o xefe do Executivo explique en sede parlamentaria toda unha serie de interrogantes arredor do proceso de vacinación, porque a práctica da Xunta é anunciar propagandisticamente a inoculación do antídoto a unha sucesión de colectivos sen despois concretar datos dos resulstados.  

Entre as cuestións que debe responder, Pontón fixo fincapé na situación das persoas maiores de 80 anos con algún tipo de discapacidade que lle impide desprazarse ao centro de saúde para ser inmunizados. “Cantas persoas maiores están nesta situación e cal é o calendario e os efectivos dispostos para que sexan vacinados é un dos asuntos  que Feixóo debe explicar no Parlamento”, alegou.  

A falta de transparencia na vacinación tamén impide saber como está o proceso nos colectivos prioritarios como o persoal sanitario, o persoal docente ou o persoal das actividades esenciais, ao que se suman os anuncios por tramos de idade e a evolución da administración do antídoto por áreas sanitarias.  

“En definitiva, hai moitas interrogantes porque non sabemos como se procede no caso das persoas octoxenarias con discapacidade, non hai datos claros sobre o proceso de vacinación por tramos de idade ou colectivos, hai desigualdades nos ritmos segundo a área sanitaria e a todas estas interrogantes debe responder o presidente da Xunta”, recalcou, para superar a “opacidade” dun plan de vacinación “que non está cumprindo os obxectivos marcados”.  
 
Todo isto pese a que a vacinación masiva é imprescindible para derrotar ao virus, “tanto desde o punto de vista sanitario como económico”, e cando os datos publicados deixan en evidencia que “a propaganda vai por un lado e a realidade vai por outro”, xerando unha situación que provoca “desánimo entre a cidadanía e descrédito nos responsables públicos. Tras un ano de pandemia, alegou-, o mínimo que se merecen os galegas e galegos é un Goberno que cumpra, que non xogue á propaganda e a publicidade cun asunto tan serio”.
 
En definitiva, “un Goberno que diga a verdade, obxectivos cribles  e datos reais”, insistiu, tras volver pedir un reforzo da sanidade pública, en particular na atención primaria e no servizo de rastrexo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias