El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón culpa a Feijóo das colas e aglomeracións no proceso de vacinación

07-04-2021 12:32:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón,  cualifica de “inaceptables” as imaxes de aglomeracións e colas interminables de persoas maiores esperando para recibir a vacina que, en moitos casos, non cumprían a mínima distancia de seguridade e que, polo tanto, implicaban un claro risco para a saúde das persoas convocadas maiores de sesenta anos. “Houbo incluso momentos de tensión e de conflito entre persoas sometidas a unha situación de medo e de estres, que teñen un responsable: o Goberno do señor Feixóo por unha falta de planificación e de organización do proceso de vacinación”, criticou Pontón.

A líder do BNG preguntouse “como é posible que se teña a centos de persoas maiores esperando durante horas aglomerados e sen cumprir a distancia de seguridade para ser vacinados, co risco que iso supón, cando precisamente o que se quere evitar é unha cuarta onda”, ao tempo que recriminaba ao Executivo de Feixóo por buscar xustificacións alegando incumprimento de horarios, “xa está ben de culpar sempre a cidadanía!”, criticou.

Para a portavoz nacionalista “o responsable é directamente o presidente a Xunta”, porque as imaxes vistas demostran o que o BNG leva semanas denunciando: “que faltan medios, que falta persoal e que non estaba prevista a loxística para abordar unha situación de vacinación masiva. E todo isto, despois de ter soportado a propaganda e a publicidade dun Goberno que presumía de poder vacinar a 100.000 persoas ao día, xa vimos onte onde quedaba esa capacidade”.

A líder do BNG demanda ao xefe do Executivo “que adopte as medidas necesarias para evitar que se repita a lamentable situación de colas e aglomeracións de persoas maiores, e que dispoña do persoal, dos medios e da loxística necesaria para que o proceso de vacinación se leve a cabo coas máximas garantías de seguridade para os galegos e as galegas. E o mínimo que se lle pode esixir a un Goberno responsable que, a estas alturas da pandemia, debería ter máis que organizado o proceso de vacinación”.

Pontón sinalou que os últimos datos indican que Galiza está “á cola” do Estado na aplicación das vacinas e nin sequera se ten completado a primeira dose do antídoto en persoas de 80 anos. E, neste contexto, “Feixóo debería dar a cara e comparecer no Parlamento para explicar o proceso de vacinación indicando prazos, efectivos e a loxística prevista”, concluíu desde Lugo onde presentou os proxectos do BNG para a dixitalización do sector público e privado con cargo aos fondos Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias