El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | NEXT GENERATION

Pontón presenta os proxectos para promover a dixitalización cun investimento de 1.180 millóns con cargo aos Next Generation

07-04-2021 19:05:23
Ana Pontón, líder do BNG (c).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou en Lugo os proxectos do BNG financiables con cargo aos fondos europeos de recuperación para impulsar a dixitalización tanto do sector publico como do privado como instrumento de modernización da Administración, da actividade económica e da igualdade de oportunidades.  

Proxectos que teñen como punto de partida, explicou Pontón, a creación  do Consorcio Galego para a Capacitación e as Competencias Dixitais, unha iniciativa estratéxica de todo o sector público, -Xunta, Administracións Locais, Universidades-, “para promover mobilizar 1.180 millóns de euros até 2027 para situar a Galiza na vangarda da dixitalización no sector público e privado", investimento para desenvolver cinco grandes programas de dixitalización: de capacitación da poboación, das Administracións, das Empresas, do Ensino e do Patrimonio cultural e arquivístico.

En relación ao Programa de capacitación dixital da poboación, “o  obxectivo é atender aos sectores que por condicións económicas ou de idade teñen menor acceso ás tecnoloxías e reducir a fenda dixital por razóns xeracionais, xeográficas ou económicos. En definitiva, democratizar o acceso e o uso ás tecnoloxías da información e da comunicación”, explicou a líder do BNG.

O Programa de dixitalización das administracións persegue facilitar á cidadanía tramitar todo tipo de documentos en formato dixital e online, desde unha inscrición de nacemento a un certificado de defunción. Ao mesmo tempo, debe permitir avanzar na completa dixitalización dos labores administrativos e de xestión. No relativo ao Programa de dixitalización e competencias dixitais das empresas coloca a atención nas PEMES e ás micro empresas de economía social, cun plan de formación adaptado ás necesidades de cada sector como o comercio, a hostalaría ou o turismo.

En canto ao Programa de dixitalización e competencias dixitais no ensino, como argumentou Pontón, “a pandemia puxo en evidencia as graves carencias tecnolóxicas e formativas no ensino, e as desigualdades no acceso ao ensino online. O obxectivo é desenvolver un ambicioso plan formativo dirixido a toda a comunidade escolar, -profesorado, alumnado e familias-, incluíndo os recursos necesarios para dotar de ordenadores e dunha boa conexión a internet a todo o alumnado que o precise”. Finalmente, o Programa de dixitalización do patrimonio cultural e dos arquivos,  para aplicar as novas tecnoloxías a este ámbito, para catalogar, conservar e promover o patrimonio cultural galego.

Ademais do Consorcio para a dixitalización, o BNG considera prioritario impulsa a tecnoloxías intelixentes e o big data cun investimento de 350 millóns, para desenvolver a tecnoloxía 5G en todo o territorio, crear unha rede pública de intelixencia artificial. Para iso, formula o coa instalación masiva de sensores no territorio para a recollida de todo tipo de datos e posterior análise, o que permitirá actuar e mesmo anticiparse en cuestións como a loita contra os lumes, control de augas, mellora da actividade agrogandeira, datos atmosféricos, etc. 


Laboratorio de ideas


Inclúe tamén o proxecto Riqueza cultural e turística, utilizando a tecnoloxía de  datos, de realidade aumentada e virtual para promover a actividade cultural e turística. O proxecto Laboratorio de Ideas, ten como obxectivo adiantarse na evolución constante das novas tecnoloxías e da innovación para non perder oportunidades. E o  proxecto de promoción das mulleres nas profesión e carreiras científicas e técnicas, para fomentar o acceso das mulleres neste tipo de disciplinas.

“En definitiva, a dixitalización do sector público e privado en todos os ámbitos é clave para o futuro económico e social de Galiza, polo que desde o BNG queremos mobilizar para conseguir esa dixitalización un investimento global de 1.180 M€, ao que sumamos 350 M€ para desenvolver proxectos de intelixencia dixital e big data, investimento previsto até 2027 e aproveitando os recursos dos fondos europeos de recuperación”, concluíu Pontón. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias