SANTIAGO DE COMPOSTELA | A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) convoca o 21 de abril un encontro online dirixido a persoas mozas, de especial interese paran quen desenvolva a súa actividade profesional no sector agroalimentario ou busque traballar nesa área.
O encontro celebrarase de modo online e terá formato participativo (a través de Zoom) co obxectivo de dar visibilidade a diferentes debates e iniciativas, a nivel nacional e internacional, dirixidas a apoiar a persoas mozas do medio rural, así como a presentar o cooperativismo como opción viable para satisfacer expectativas laborais e de calidade de vida.
Entre os temas que se tratarán atópanse a dixitalización das explotacións, explicacións e resolución de dúbidas acerca da reforma da Política Agraria Común (PAC) e subvencións e fondos europeos que poden ser beneficiosos para persoas mozas e emprendedoras. É imprescindible inscribirse en http://bit.ly/EncontroXovenesAgro, en www.agaca.coop ou en 981 58 47 83.
Programa da xornada
.- 10:00 horas: Recepción e entrega de documentación.
.- 10:15: Reforma da Política Agraria Común (PAC) e adaptacións necesarias para afrontar os retos futuros.
.- 11:15: Fondos Next Generation. Que son e como poden beneficiar aos emprendedores e mocidade do rural galego.
.- 12:15: Proxecto de Erasmus+ Agrario, organización das cooperativas e participación.
.- 12: 45: Participación de Galicia na Comisión Estatal de Mocidade Cooperativa de CAE.
.- 13:00: Peche do encontro.