El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | PESCA

O BNG pide excluír ao sector da pesca artesanal galega do novo Regulamento de Control da Pesca da UE

12-04-2021 16:23:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez insta á Xunta a demandar do Goberno e da UE, a excluír do novo Regulamento de Control da Pesca ao sector artesanal galego. A parlamentaria lembra que a Federación de confrarías galegas  alerta, a través dun comunicado feito público esta fin de semana, das consecuencias negativas sobre o  sector pesqueiro galego tras a recente aprobación  do Regulamento de Control da Pesca no Parlamento europeo
 
Nunha na reunión  coa Dirección Xeral de Pesca e Acuicultura, do Ministerio de Agricultura e Pesca, para tratar o novo Regulamento, as confrarías foron informadas de que as persoas dedicadas á pesca “sen buques” tamén terán a obriga de enviar os datos de capturas diarias de forma individual.
 
A deputada nacionalista remarca que o colectivo de mariscadoras e mariscadores a pé xa está regulado nos plans de explotación aprobados pola Consellería do Mar. O marisco é pesado e controlado nas lonxas pero, unha vez máis, “a lexislación de pesca europea ignora a realidade e as condicións de traballo da nosa frota artesanal” e nomeadamente do colectivo de mariscadoras e mariscadores a pé, aos que pretende poñer normas mesmo “traballando en augas interiores e, na inmensa maioría dos casos, en praias que apenas distan das lonxas, onde se pesa e se rexistra o produto”.
 
Por outra banda, explica que son as  propias confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores as que levan a cabo todo tipo de actuacións de control e salvagarda do medio mariño e das especies das que viven. “Están suxeitas a cotas máximas de capturas, existen puntos de control da actividade, e vixilancia dos bancos marisqueiros por parte do propio sector”, afirma Rosana Pérez na iniciativa rexistrada no Parlamento galego.
 
A maiores, engade que os bancos marisqueiros están delimitados por especie comercial, coñécense os niveis de capturas de cada unha, analízase o resultado do esforzo pesqueiro ao que están sometidas e existen períodos de autorización tendo en conta os  datos científicos.
 
O sector do marisqueo é un sector  suxeito a medidas de regulación, supervisión, comprobación, inspección e vixilancia que  garanten a súa sostibilidade. Polo tanto, intensificar os controis por parte doutras administracións cando Galiza conta con “competencias exclusivas” nesta materia, en opinión da deputada resulta, “inxustificable”
 
Por outra banda , denuncia que a propia Unión Europea continúa poñendo trabas  para recoñecer ao sector marisqueiro e ás confrarías á hora da súa inclusión en determinadas axudas de fondos europeos, ao que agora, afirma, temos que sumar unha regulamentación contraria ao sector e ás circunstancias e condicións nas que desenvolve a súa actividade.
 
A parlamentaria pide ao goberno galego que interveña ante este “novo atropelo” e impida someter ao sector marisqueiro a máis trámites e prexuízos económicos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias