El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG levará ao Parlamento unha proposta de lei para lograr a "excepción galega" ao artigo 18 da Lei de Cambio Climático

12-04-2021 16:32:53
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O BNG non tira a toalla non seu empeño en conseguir a “excepción galega” ao artigo 18 da Lei de Cambio Climático para preservar o futuro das miles de pequenas e medianas empresas do complexo mar-industria, que xeran riqueza e miles de empregos e desenvolven a súa actividade sen afectación ao medio ambiente.  

Para iso, a portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o Bloque vai presentar no Parlamento unha proposta de lei para modificar o polémico artigo a favor do complexo mar-industria, unha vez que o texto lexislativo quede definitivamente aprobado. E todo iso, despois de que tanto PP como PSOE “votaran en contra da transacción presentada no Congreso para excluír da aplicación do artigo ás PEMES que realizan a súa actividade ao lado do mar, como depuradoras, cocedoiros, cetarias ou conserveiras”, indicou a líder nacionalista.  

Neste sentido, Pontón valora o anuncio da Xunta de presentar recurso contra a lei como “unha fuxida cara adiante para disimular que o único que lle interesa ao PP de Feixóo é defender a ENCE, facer de altofalante do Consello de administración da pasteira para que siga contaminando e hipotecando o futuro da Ría de Pontevedra, pero sen importarlle nada a defensa das empresas e do emprego do sector porque, de ser así, tería apoiado a proposta do Bloque no Congreso”, alegou.  

A portavoz nacionalista indicou que, ademais, conseguir a “excepción galega” ao artigo 18 “encaixa perfectamente” nos obxectivos da Lei de Cambio Climático, pois separar esas PEMES da costa tería un maior impacto ambiental. De feito, expertos poñen sobre a mesa exemplos concretos: unha depuradora media precisa un millón de litros de auga anuais que, ao lado do mar, se poden conseguir cun simple bombeo. Se esa depuradora se traslada a un polígono lonxe da costa, o resultado son 23.500 viaxes en camións cisterna por estrada. Está claro que contamina máis e que afecta máis ao cambio climático, argumentou.
 
Pontón tamén abordou a celebración por parte da institución do Parlamento con motivo dos 40 anos de promulgación do Estatuto ao considerar “un dislate e unha incoherencia” que o convidado de honra sexa o presidente do Tribunal Constitucional, “unha institución que se ten caracterizado por dúas cuestións: limitar o desenvolvemento do autogoberno de Galiza e a defensa da recentralización política tan prexudicial para o País”.
 
Neste asunto, o Bloque formula unha dobre proposta para avanzar no autogoberno e na soberanía de Galiza. Por un lado, abrir un debate sereno no Parlamento unha vez superada a emerxencia derivada da pandemia e as súas consecuencias, “co obxectivo de darnos unha nova ruta institucional, unha nova carta magna para construír a Galiza do futuro”.
 
Un reto e un debate que non impide reclamar “a apertura inmediata dun proceso de negociación bilateral co Estado para conseguir todas as competencias pendentes, e poñer fin a doce anos de seca nos que o Goberno de Feixóo non conseguiu nin unha soa transferencia e, non avanzar neste terreo, é retroceder”, explicou.

A preguntas dos medios, Pontón tamén fixo referencia ao encontro entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento. “Para empezar, se hoxe se fala de rebaixas nas peaxes é grazas a que o BNG aproveitou que o seu voto era decisivo para chegar a un acordo co PSOE para conseguir esas rebaixas”, subliñou, para despois criticar o intento “de que se nos pretenda vender como histórico un retraso de 20 anos da chegada do AVE, deberían desculparse”, indicou en relación tanto ao PP como ao PSOE.
 
E, indicou a portavoz do Bloque, ao xefe do Executivo faltouse liderado para defender os intereses do País. “E lóxico que o ministro José Luís Ábalos se sinta cómodo con Feixóo porque asume as discriminacións con Galiza. Hai que esperar até xullo para aplicar as rebaixas da AP9 logradas polo BNG e dille que si; vemos como o Goberno central condona 300 miilóns de euros ao Porto de Valencia pero que no caso do Porto da Coruña que pague Galiza, e Feixóo dille que si. É normal que estea cómodo, pero os galegos e as galegas non lle pagan por facerlle a vida cómoda ao ministro senón para que defenda os seus intereses, pero vemos un presidente dimitido da defenda do País”, concluíu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias