SANTIAGO DE COMPOSTELA | A Rede Galega pola Investigación - InvestiGal convoca unha concentración en contra da reforma da Lei da Ciencia 14/2011 o xoves, ás 18:00 horas. Dita concentración terá lugar na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela e súmase ás convocadas en outras cidades (Madrid, Valencia, Sevilla, etc.) por outros colectivos investigadores, incluíndo á Coordinadora Marea Roja de la Investigación á que tamén pertence InvestiGal.
Precisamente a Coordinadora Marea Roja de la Investigación publicou hai uns días un resumo dos principais cambios que esta reforma pretende introducir <1>. Unha das modificacións estrela é a introducción da figura Tenure Track, co obxectivo de crear unha carreira máis atractiva, ordenada e estable, que reduza a idade media de entrada. Basicamente, o que se propón na reforma é a fusión dos actuais contratos Ramón y Cajal, que dan lugar a postos estables (nalgúns casos) de Científico/a Titular en Científico Titular de Organismos Públicos de Investigación (OPIs) ou Contratado/a Doutor en universidades tras obter a avaliación positiva no programa I3, nun único contrato laboral con cláusulas de despido e menos dereitos. Isto supón, entre outras cousas, a extinción da figura de OPIs, de xeito que coa nova lei serán sustituidos postos de funcionarios por prazas de persoal fixo laboral, con moita menos independencia e unha importante redución dos dereitos laborais (complementos por antiguidade, etc.). Non se mencionan siquera outros contratos de estabilización de persoal investigador no ámbito sanitario, os Miguel Servet.
As análises feitas por distintos colectivos sinalan que a reforma non garante a estabilización do persoal investigadorxa que a oferta dos contratos Tenure Track segue condicionada a cada Oferta Pública de Emprego, quedando a contratación en maos dos centros de destino e dun comité de expertos. Ademais, o Ministerio de Traballo recoñeceu que o novo contrato “non resolve as necesidades de estabilización da gran bolsa de persoal investigador precario de larga duración existente hoxe en día no sistema de investigación” e plantexa dúbidas legais e xurídicas relativas a súa implantación <2>. En resumo, preténdese a substitución do sistema actual, que xa define unha carreira ordenada, por outro con menos dereitos, máis precariedade, e sin compromiso de aumento do investimento para aumentar o número de prazas que se convocan anualmente.
Outro aspecto importante e negativo da reforma é que non recoñece a carreira investigadora de todas as escalas e sectores da investigación. En primeiro lugar, elimina a única forma de promoción interna que agora mesmo existe para o persoal técnico de investigación de OPIs, ponte entre a escala técnica e científica. Ademais, a modificación da lei volve a esquecerse deste persoal, xa que unha década despois de súa aprobación, continua sen desenvolverse a escala de Tecnólogo de OPI que aparece no artigo 29 de dita lei. E en segundo lugar, a reforma esquece completamente os investigadores hospitalarios que desenvolven a súa actividade nos centros do Sistema Nacional de Saúde, que actualmente carecen de carreira profesional, e que esta reforma tampouco desenvolve, deixándoos de novo nun limbo laboral.
Faltando ó compromiso adquirido no Eixo 1 do Plan de Choque para a Ciencia e a Innovación, presentado polo presidente do Goberno en Xulio de 2020. En Euskadi ou na Comunitat Valenciana estabilizarónse a este tipo de traballadores como investigadores estatutarios, que é o que marca a Lei de Investigación Biomédica. Pedimos que isto se faga extensivo ó resto do estado.
Finalmente, seguen sen incluírse os compromisos adquiridos cos colectivos de investigación predoutorais (coma dereito á indemnización por finalización de contrato) nin as urxentes necesidades nas etapas postdoutorais (estatuto de investigadores postdoctorales e unificación de salarios).
As rúas para dicir:
.- Non a unha modificación da Lei da Ciencia que non resolve os problemas do envellecemento e precariedade das traballadoras da investigación.
.- Non a unha modificación da Lei da Ciencia que nega os dereitos laborais ó persoal da investigación.
.- Non a unha modificación da Lei da Ciencia que non recoñece a carreira profesional para o conxunto de escalas e sectores da ciencia.
Todas as entidades que convocan estas concentracións solicitan ó Goberno do Estado incluir dentro deste proxecto de reforma todos os dereiros e garantías laborais que deben acompañar á contratación pública en todas as escalas de investigación, e abrir unha mesa de negociación con todos os axentes sociais involucrados e os ministerios afectados con fin de redactar unha nova lei, actualizada en fondo e forma coas necesidades históricas de noso colectivo.
Desde InvestiGal animamos a toda a cidadanía a sumarse a concentración do xoves para demostrar o seu apoio ao persoal investigador, nun momento no que está demostrado que o investimento en investigación, desenvolvemento e innovación é fundamental para superar calquera tipo de crise. Departamento de comunicación