El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO ENCE

Fernández Lores participará na mesa convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica para o traslado de Ence

A xuntanza terá lugar o mércores no propio Ministerio

19-04-2021 21:07:19

PONTEVEDRA | O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo director de urbanismo, Xosé Manuel Tato, asisitirá o vindeiro mércores, ás 16:00 horas, á mesa de traballo convocada polo Minsiterio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, na que se abordará o traslado de Ence. Fíxoo público hoxe a portavoz do Goberno municipal, Anabel Gulías, quen asegurou que a intención do Concello de Pontevedra é “reclamar formalmente a quen ten competencias no asunto, polo tanto o Ministerio e a Xunta, que tomen unha determinación sobre o traslado efectivo”.

Anabel Gulías asegurou que o goberno municipal leva intención de “escoitar con respecto a todas as partes pero mantendo firme a nosa posición de fai máis de vinte anos, que pasa polo traslado e a recuperación dos terreos para os veciños e as veciñas de Pontevedra”. A protavoz cualificou o traslado da fábrica como “unha necesidade imperiosa” e fixo referencia a tres motivos básicos. En primeiro lugar, citou a “calidade democrática” en relación “á concesión dunha prórroga fraudulenta concedida a Ence en tempo de desconto”, na que tamén menciou “unha cuestión de equidade, porque esta factoría non pode ter un tratamento diferenciado do resto de empresas e industrias da nosa comarca, polo tanto por calidade democrática é necesario aclarar esta cuestión”. 

En segundo lugar, situou a recuperación dos terreos públicos e lembrou que “o Concello de Pontevedra leva anos loitando non só polos terreos de Ence-Elnosa senón tamén por outros terreos que deben ser devoltos á cidadanía pontevedresa para o seu desfrute”. E por último, asegurou que se precisa “unha garantía de seguridade na contorna do noso Concello” e lembrou que “fai uns días asistiamos a un novo susto cando a propia Ence advertía dos níveis de mercurio que estaban atopando na descontaminación e no desmantelamento de Elnosa.” Sobre o punto da seguridade, incidiu en que “é necesario aclarar esta cuestión” e lembrou que “seguimos agardando as explicacións da Xunta de Galicia desas declaracións do CEO da empresa nas que falaba dun susto maiúsculo”.


Xuntanza co Secretario de Estado de Medio Ambiente

Ao día seguinte, o xoves, Lores, como presidente das Cidades que Camiñan, manterá unha xuntanza co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O obxectivo desta reunión é intercambiar puntos de vista sobre determinados aspectos da Ley de Cambio Climático y Transición Energética, nomeadamente en cuestións que atinxen á mobildiade.

O principal aspecto de preocupación para o Concello de Pontevedra, segundo avanzou Anabel Gulías, son as condicións das zonas de baixas emisións “nas que se establece o foco máis en cuestións relacionadas co tipo de vehículos que poderán acceder a esta zonas que con cuestións estruturais”. Neste sentido, asegurou que “mantemos certa preocupación porque cremos que esquece os criterios que foron básicos no modelo urbano de Pontevdra, como a restrición de todos os vehículos que non fosen necesarios para que a cidade funcionase, independentemente de sen son eléctricos ou teñen outras etiquetas”. A este respecto, indicou é necesario atender a parámetros de redución de tráficos innecesarios “se se quere tomar en serio este tipo de cuestións e que a loita contra o cambio climático sexa efectiva”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias