El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "O PP erra cando vai en plan so ante o perigo"

21-04-2021 16:16:05
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, puxo hoxe ao PP ante o espello do fracaso da súa estratexia de presentarse “sós ante o perigo”. “Erraron coa reforma da Lei de Saúde, que fixeron sós ante o perigo ata que llela parou o Tribunal Constitucional por vulnerar dereitos fundamentais, e errarán se se presentan sós ante o perigo da crise sen buscar a concertación á hora de acadar financiamento de Europa”, resumiu.

O líder dos socialistas galegos interveu na comparecencia do conselleiro de Economía diante da Comisión de Reactivación do Parlamento para ofrecerlle a “man tendida” dos socialistas galegos para rectificar o seu “suspenso claro” en “estratexia, formas e modelo de país” cun balance claramente negativo na xestión económica da crise ata o momento.

O secretario xeral do PSdeG reclamou unha “orientación seria, profunda e rigorosa” que poña por diante a xeración de emprego á hora de respaldar os proxectos públicos ou de carácter público – privado de referencia para Galicia.

Logo de meses de “política de parcheo”, nos que demostraron que “carecen de visión para o país”, limitáronse -dixo- a “xogar a facer propaganda en lugar de buscar solución”, o que é unha evidencia aos ollos de “todo o tecido económico, que sabe que non fixeron ningunha aposta decisiva”. Preguntou así “para que serviu o Consello da Xunta no que aprobaron 354 proxectos sen competencias para impulsar ningún investimento, orientación ou convocatorias” para desenvolvelos.

Gonzalo Caballero apostou por unha nova política de “acordo e concertación” dende o goberno galego para superar meses de desleixo nos que se limitaron a “coordinar xornadas e recolectar power points para mandarlle un excel ao goberno de España no que non se identifican as apostas do goberno galego”.

Reclamou unha nova política de cogobernanza “non só entre a Xunta e o goberno de España”, senón que o goberno galego debe adoptar “un novo estilo de cooperación e diálogo para a xestión da crise”. O líder socialista requiriu a participación “do conxunto da sociedade, os axentes económicos e sociais e tamén os grupos parlamentarios”, e afeoulle que “ata agora só teñen ofrecido unha sucesión de comparecencias publicitarias sen darnos uns datos mínimos para argumentar”. 


“Fagan os deberes"

Gonzalo Caballero sinalou que “os proxectos relevantes para a reactivación económica de Galicia terán o respaldo e o aval do PSdeG diante do reto de conseguir fondos e acadar a capacidade de
executalos”, e garantiu que “toda a Galicia emprendedora que presente proxectos positivos de futuro contará co noso respaldo”.

O responsable socialista despregou hoxe unha “crítica construtiva” para pedirlle ao goberno galego que “fagan os deberes” que permitan desenvolver o país a nivel económico. Puxo como exemplo o compromiso do ministro de Transportes, que anunciou un investimento para Galicia “moi por riba do PIB e a poboación de Galicia”, con proxectos coma o AVE, a rebaixa da AP-9, as intermodais, a saída sur, a conexión ferroviaria con Punta Langosteira e a electrificación do tren de Lugo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias