El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

A Lei de Eutanasia, "Nos Luns" do Ateneo

24-04-2021 18:00:04
Cartel A Lei de Eutanasia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Este luns, ás 20:00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha mesa redonda titulada 'A Lei de Eutanasia: Claves xurídicas e sanitarias', na que participarán o Profesor Fernando Vázquez-Portomeñe e Luis Masa, responsable da Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO) do CHUS.  

O pasado 18 de marzo o Congreso de Deputados aprobou definitivamente a Lei de Eutanasia. España converteuse así, xunto con territorios veciños como Bélxica e Luxemburgo, nun dos primeiros países en regular o denominado “dereito a morrer dignamente”. Con todo, a novidade da norma e do procedemento fai que existan determinadas dúbidas arredor dela, tanto no ámbito xurídico como no sanitario. Sobre estas debaterán ambos conferenciantes. 

Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas é Profesor de Dereito Penal e Director do Instituto de Criminoloxía da USC. Tamén dirixe a revista "Estudios Penales y Criminológicos". Por outro lado, Luis Masa é Profesor Asociado de Ciencias da Saúde da USC e Xefe da Sección de Medicina Interna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Ata o ano 2019 foi responsable da Unidade de Coidados Paliativos do CHUS, dende a súa apertura en 2007, e actualmente é responsable da súa Unidade de Hospitalización a Domicilio (HADO), cargo que desempeña dende o ano 1995. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias