El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | APE

APE Galicia celebra este venres a webinar "Rexistro e auditoría salarial, Plans de Igualdade"

29-04-2021 19:05:37

APE Galicia coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, organiza o webinar "Rexistro e auditoría salarial - Plans de Igualdade" para ofrecer un percorrido polos diferentes aspectos do principio de igualdade retributiva e a súa aplicación práctica.

Desde o 14 de abril, coa entrada en abril do Real Decreto 902/2020 de Igualdade Retributiva entre homes e mulleres, todas as empresas están obrigadas a ter un rexistro salarial de todo o seu persoal, incluído o persoal directivo e os altos cargos. Aquelas que non o fagan enfróntanse a sancións económicas e mesmo a limitacións para presentarse a concursos públicos.

Segundo os datos do IGE, en Galicia son case 80.000 as empresas que deben contar co rexistro salarial, e o 58% das mesmas só teñen un ou dous asalariados. A día de hoxe, e aínda que foi o pasado mes de outubro cando se detallou que información debía conter o documento e fixouse o prazo concreto para telo listo, a inmensa maioría das empresas non compren co trámite. 

Con este webinar, que se celebrará este venres 30 de abril ás 12 horas da mán da directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Mancha Montero de Espinosa; APE Galicia quere ofrecer un percorrido polos diferentes aspectos do principio de igualdade retributiva e a súa aplicación, tratando os seguintes puntos: 

.- Introducción ao concepto de brecha salarial 

.- Normativa básica da igualdade salarial 

.- O rexistro salarialA auditoría retributiva 

.- Os plans de igualdade como un cambio cultural dentro das empresas 

.- Próxima convocatoria de axudas da Xunta de Galicia en favor da igualdade e a conciliación. 

Para inscribirse, hai que cubrir un formulario na páxina web e recibirá no correo electrónico a información para unirse a videoconferencia a través da plataforma Zoom. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias