El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

José Miñones cifra en 1.258 millóns o apoio económico do Goberno

A Comunidade recibirá este ano os 352,8 millóns de euros dos fondos REACT-UE correspondentes a 2021.

01-05-2021 11:11:46

A CORUÑA | O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cifrou hoxe en 1.258 millóns de euros o apoio financeiro do Executivo á Xunta para paliar os efectos económicos da pandemia da COVID-19. José Miñones informou hoxe de que a Xunta disporá nos próximos días dos 234,5 millóns de euros para conceder axudas directas a autónomos e empresas afectados pola crise derivada da COVID-19. Proceden do fondo extraordinario de 7.000 millóns de euros aprobado polo Goberno e que Galicia recibirá de xeito inmediato. A Xunta poderá conceder con estos fondos axudas a autónomos e empresas dos sectores máis afectados, cuxos ingresos caesen máis dun 30% con respecto a 2019, e destinaranse ao pago de débedas contraídas con provedores e outros acredores desde marzo de 2020.

Esta cantidade únese aos 734,9 millóns de euros que a Xunta recibiu o ano pasado procedentes do Fondo COVID-19, non  reembolsables, e que o Goberno concedeu seguindo criterios obxectivos e cuantificables relacionados co impacto da pandemia. Deles, 417,8 millóns corresponderon a gasto sanitario; 93 millóns, a gasto en educación e 224,1 millóns, á compensación de ingresos da Administración Autonómica pola caída de actividade.

José Miñones apuntou, ademáis, que grazas ás negociacións do Goberno en Bruxelas, Galicia pode dedicar ata 272 millóns dos Fondos FEDER a financiar gastos sanitarios, “unha excepción á regra xeral de gasto que negociou o Goberno de España coa Unión Europea para favorecer ás autonomías”. A estas partidas únense os 17 millóns de euros do Fondo Social Extraordinario (5,7% do total) para minimizar o  impacto social da pandemia e os catro repartos do Fondo Extraordinario COVID-19. Todos eles suman 1.258,4 millóns de euros.  


Fondos React-EU 

O delegado do Goberno reiterou o compromiso do Executivo pola recuperación económica de Galicia. E engadiu que este ano Galicia tamén disporá de 352,8 millóns de euros dos fondos REACT-UE (dun total de 441 millóns de euros para 2021-2022). 

Estes recursos forman parte dun paquete de axudas europeo máis amplo, deberán destinarse a reforzar a educación, a sanidade e os servizos sociais, así como para apoiar ás pemes e os autónomos. O seu reparto atendeu criterios relacionados co impacto da pandemia na riqueza e no desemprego de cada Comunidade Autónoma. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias