El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG lanza unha campaña para denunciar e responder ao "espolio e a depredación" eólicos que sofre Galicia

02-05-2021 10:37:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O BNG lanza unha campaña social e política para denunciar e responder á situación de “espolio e depredación eólica” que está a vivir o país nestes momentos, cun desenvolvemento “sen precedentes” e a implantación de novos proxectos eólicos con moitos e graves problemas ao longo do territorio “porque se está facendo sen planificación, sen un axuste ás necesidades medioambientais e sociais do noso país e sen o máis mínimo consenso”.

Así o explica a portavoz nacionalista de Enerxía, Noa Presas, quen advirte de que este boom eólico sen precedentes “non está pensado en beneficio dos intereses galegos, senón para enriquecer ao gran oligopolio eléctrico”. Neste sentido, recrimina o papel consentidor do Goberno central e moi especialmente o do Goberno de Núñez Feixóo, “que dende a Xunta está impulsando numerosos cambios legais para achaiarlles o camiño ás compañías eléctricas, mentres se perde biodivesidade e se perden oportunidades, tamén nun momento de crise económica, de que esta enerxía reverta no país”.

Así pois, no desenvolvemento da campaña -que ademais dunha ofensiva de iniciativas políticas e institucionais, inclúe distintas accións de mobilización social, con encontros informativos, reunións con colectivos ou roteiros por espazos naturais afectados, entre outras- o BNG propón un modelo alternativo que, segundo explica Presas, “sexa sustentábel, xusto e reverta en beneficio das galegas e os galegos”.

É por iso que o Bloque defende unha nova lexislación e un novo Plan Sectorial que ordene o territorio e blinde aquelas zonas que deben estar libres de eólicos, para o que tamén propón a ampliación da Rede Natura e a paralización dos proxectos que lle afecten, salvagardando así espazos de alto interese ambiental e elementos estratéxicos como os recursos hídricos.

De igual xeito, e co obxectivo de obter un retorno xusto que compense o impacto ambiental e social da explotación eólica, avoga pola participación pública no sector, a través dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura das galegas e os galegos.  “Non imos parar porque nin este espolio nin esta depredación son admisibles; hai alternativa e dende o BNG continuaremos a defendela”, resume Presas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias