El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

COLOMBIA

O BNG expresa a solidariedade co Pobo colombiano e rexeita a violencia contra os manifestantes

05-05-2021 16:40:34

BRUXELAS | A Executiva Nacional do BNG traslada ao Pobo colombiano a solidariedade do Bloque Nacionalista Galego nunha situación tan complicada como a que se está vivindo actualmente froito da represión exercida polo Estado colombiano contra a cidadanía. “Expresamos a nosa total solidariedade co Pobo colombiano e rexeitamos a violencia exercida contra os manifestantes que desde o 28 de abril saíron ás rúas de xeito pacífico”, salientan desde a Executiva do Bloque.

Entre o 28 de abril e o de maio saíron á rúa en máis de 500 concellos de Colombia en resposta a un paro nacional convocado contra o Goberno de Iván Duque, así como a xestión da pandemia, a falla de implementación dos Acordos de Paz e os ataques e asasinatos a líderes sociais que reclaman un cambio na política que protexa os dereitos dos grupos máis vulnerables do país. Estas manifestacións pacíficas foron brutalmente reprimidas polo Estado colombiano producíndose 21 asasinatos; 208 casos de persoas feridas; 503 detencións, que na súa maioría son arbitrarias; 10 casos de violencia machista, incluída unha violación; e 42 agresións a defensoras e defensores de dereitos humanos e a xornalistas.

De todos os defensores e defensoras de Dereitos Humanos no mundo, o 53% foi asasinado en Colombia, situación que se viu agravada nas zonas rurais con ataques a comunidades indíxenas, líderes sociais, políticos, defensores de dereitos humanos e xornalistas por grupos armados ilegais.


Carta dirixida ao Alto Representante de Política Exterior da UE 

En protesta diante desta situación, a coordinadora de Relacións Internacionais do Bloque Ana Miranda asinou onte unha carta dirixida ao Alto Representante de Política Exterior da UE Josep Borrell, conxuntamente con eurodeputados e eurodeputadas do grupo da esquerda do Parlamento Europeo. No documento piden a depuración de responsabilidades e o cese da violencia contra os manifestantes, tal como reclama a Resolución do Parlamento Europeo sobre as violacións de dereitos humanos en Colombia aprobada a semana pasada. O BNG trasladaralle hoxe mesmo a preocupación sobre esta situación ao líder de Colombia Humana Gustavo Petro. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias