El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO ALCOA

O BNG leva de novo ao Congreso a intervención pública en Alcoa

05-05-2021 16:48:50
Néstor Rego (2i), co Comité de Empresa.

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia que o próximo martes 11 defenderá unha Proposición Non de Lei na Comisión de Industria da cámara baixa para concretar un calendario para a intervención pública de Alcoa e evitar o fechamento da factoría e o despedimento de millares de traballadores e traballadoras. Ante a falta de solución no período previsto e o crecemento da incerteza entre o persoal de Alcoa, a organización nacionalista reclama ao Goberno español que  se implique para evitar o desastre social e económico que suporía a desaparición da planta de aluminio para a comarca da Mariña e o conxunto da Galicia.

Néstor Rego lembra que o Congreso xa instou o Goberno no mes de outubro do pasado ano a intervir a planta -mesmo que fose temporalmente- para garantir a continuidade da actividade. Unha vez quer finalizou o período estabelecido para negociar coa empresa e posíbeis compradores sen que se producise unha solución, é máis necesaria do que nunca unha actuación decidida por parte das administracións públicas.

“Non achamos responsábel a actitude do Ministerio de Industria de pretender que a partir de agora sexa exclusivamente Alcoa e as empresas interesadas as que negocien, renunciando ao papel que lle corresponde, non só como mediador senón como administración que pode intervir a planta para asegurar unha solución definitiva”, sinala o deputado nacionalista, que exixe aos negociadores ministeriais transparencia e axilidade e acrecenta que a SEPI ten que xogar un papel fundamental neste proceso. Rego, que mantivo unha reunión co Comité de Empresa e con representantes das auxiliares na pasada quinta feira (día 29) en San Cibrao, defende que tras a intervención pública “sería bon que a SEPI mantivese unha participación importante, no mínimo de 25%, na factoría para garantir un proxecto industrial solvente, estábel e con futuro; igual que debería facer o Goberno galego”.

O deputado do BNG trasladará á Comisión de Industria do Congreso a preocupación do persoal da planta e da veciñanza da Mariña pola prolongación da situación de provisionalidade sen que se albisque unha solución para reclamar o apoio das forzas políticas a unha resolución que force o Goberno a actuar. “Non é admisíbel que o Goberno español pretenda colocarse a un lado nesta situación. Fica claro que calquera solución de compra-venda ten que pasar pola SEPI e non se pode demorar máis. É preciso evitar que poida acontecer na Mariña o que pasou en AluIbérica”, sinala Rego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias