El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "Canto máis se coñece ao PSOE e a Podemos, menos se lles vota"

06-05-2021 18:50:51
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, analizou o novo escenario político tralos comicios madrileños e afirmou que, “canto máis se coñece ao PSOE e a Podemos, menos se lles vota”; mentres, nos lugares onde o Partido Popular goberna, “a xente sabe como facemos as cousas e o nosos votantes soben”.  

Segundo explicou, co resultado das eleccións autonómicas galegas a situación política en España xa comezou a cambiar, cun importante retroceso do PSOE e un duro freo aos populismos, unha nova etapa que se consolida cos resultados de Madrid. Nese senso, lembrou que estes comicios tiveron lugar en medio da peor crise da nosa historia recente, co Goberno central delegando todas as súas responsabilidades na xestión da pandemia e dedicándose a conspirar para derrocar executivos autonómicos do PP -intentou presentar tres mocións de censura en Murcia, Castela e León e Madrid-.

O número dous do PPdeG precisou que estas manobras fracasaron estrepitosamente, de feito, o “gran derrotado das eleccións de Madrid foi o presidente Pedro Sánchez”. “Estamos ante o principio da súa fin”, engadiu sinalando que a súa curva electoral tocou teito e aseverando que, tanto el como Pablo Iglesias foron duramente castigados polos madrileños “como case un ano antes xa fixeran os galegos”.  

“A xente votou masivamente ao partido que lidera a oposición en España e os que non optaron pola nosa opción política fixérono por unha terceira vía que non viaxa en coche oficial. Os cidadáns non quixeron nin ao sanchismo nin a Podemos no Goberno de Madrid. Nin sequera os quixeron liderando a oposición porque, cando o voto de centro dereita se aglutina no PP, o PSOE perde e a esquerda perde”, incidiu.  


A fin do sanchismo

“O ciclo deste Goberno está chegando á súa fin. Un Goberno moroso e mentiroso”, destacou o secretario xeral recordando que o Estado lle debe máis de 200 millóns de euros do IVE a Galicia -como recoñeceu o Tribunal Supremo na sentencia de Castela e León- e que aínda non explicou como pensa pagalos. Ademais, afeou as mentiras do Executivo central, que leva ocultando durante 15 dias o seu Plan de Recuperación para que non afectara negativamente aos resultado do PSOE, “un Plan de Recuperación que é un eufemismo de Plan de recortes e subida de impostos”.

Igualmente, recoñeceu que os resultados en Madrid evidencian que só hai unha alternativa real a Sánchez que é o PP, sendo “o contrario do sanchismo” e representando o compromiso, o rigor, a xestión, a estabilidade, o respecto á lei e á Constitución, un dique de contención contra os radicais e os populistas. Pola contra, apuntou que o Goberno de Sánchez e Iglesias leva anos aboando a todas as forzas políticas radicais do noso pais porque esta é a súa única formula para manterse no poder.  

“O legado político de Pedro Sánchez é a ruína económica e política do noso país e o legado político de Pablo Iglesias é a fragmentación electoral e a inestabilidade e a mal chamada nova política, que tiña os peores defectos da política de sempre e ningunha das súas virtudes”, admitiu.  


Unha nova etapa

“Temos ante nos unha nova etapa na que o PP está chamado a gañar as próximas eleccións xerais”, dixo subliñando que o seu partido é necesario para devolver a economía, a saúde e os asuntos que realmente importan aos cidadáns ao centro da xestión pública; para non depender das chantaxes de separatistas e radicais, para rematar co maltrato constante a Galicia, para recuperar a dignidade e a independencia das institucións públicas, e para volver a ter un Goberno cohesionado, preocupado por xestionar a grave crise desta década e á altura das circunstancias.


Non hai que elixir 

Por último, Tellado aclarou que “non hai que elixir”, xa que o partido pon a Alberto Núñez Feijóo a disposición dos galegos e, do mesmo xeito, pon a disposición dos madrileños a Isabel Díaz Ayuso, indicando que ambos souberon conectar os principios da formación co electorado en cada un dos seus territorios e que os dous tiveron un fantástico resultado. “A pregunta non é Feijóo ou Ayuso. A pregunta foi Feijóo ou a esquerda nacionalista, e a resposta foi Feijóo; e a pregunta foi Ayuso ou a esquerda e o populismo, e a resposta foi Ayuso”, sentenciou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias