El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

SAREB

O BNG reclama a transferencia dos inmóbeis da SAREB á Xunta

08-05-2021 12:06:28

MADRID | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou distintas iniciativas instando ao Goberno do Estado a transferir á Galicia os activos inmobiliarios da SAREB. Con eses inmobles podería artellarse unha bolsa de vivenda social, que dentro das competencias da Xunta na materia, garanta o acceso a unha videnda digna das persoas e colectivos máis desfavorecidos e á mocidade galega.

Após desenvolver durante os últimos doce anos políticas públicas que favoreceron a que a vivenda se convertese nun ben especulativo desde as distintas Administracións, a chegada da crise sanitaria e económica xurdida pola pandemia da COVID-19 agravou a situación, incrementando o custo dos alugueres, sobre todo nas cidades e vilas. A formación nacionalista apunta a necesidade dun cambio nas políticas que mobilice o parque de vivendas baleiras e impulse novas medidas de protección e promoción pública.

“No BNG defendemos a intervención pública no mercado inmobiliario xa que estamos nunha situación en que é máis necesaria que nunca para garantir o acceso igualitario á vivenda” reivindica o deputado nacionalista. Na Galicia, explica Rego, só se construíron 4 inmóbeis de protección autonómica en 2019 mentres en 2020 os rexistrados como demandantes de vivenda eran 14.923. “Mentres se detecta a actual escaseza de vivenda de protección pública e de contracción do mercado de alugueiro, existe unha gran cantidade de chan e vivendas baleiras que pertencen, directa ou indirectamente, a entidades financeiras  a entidades financeiras que recibiron inxentes cantidades de fondos públicos para o seu rescate, e moitas outras están en mans da SAREB” subliña.

Por este motivo, a organización nacionalista demanda do Goberno do Estado que realice todos os trámites necesarios para proceder á transferencia a Galiza dos activos inmobiliarios da Sociedade de Activos procedentes da reestruturación bancaria (SAREB), asumindo desde os órganos competentes en materia de vivenda a xestión. Así mesmo, demanda que se constrúa unha bolsa de vivenda pública na Galiza que permita facilitar o acceso á vivenda das  persoas e colectivos máis desfavorecidos e da mocidade.

Na Galicia a SAREB mantén en carteira 8.157 activos mesmo despois de vender xa moitos dos seus inmobles, a maioría por prezos irrisorios, ata tres veces por baixo do seu valor inicial. “A día de hoxe, quedan aínda unhas 2.735 vivendas en poder da SAREB, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra. Para lograr o obxectivo de dispoñer na Galicia de máis vivenda social, o BNG reclama a transferencia dos activos da SAREB situados en territorio galego” enfatiza Rego.

Así mesmo, a formación nacionalista entende que se trata xa de bens “rescatados” polo Estado que, no seu deber de fomentar as políticas de vivenda, debe facilitar a súa transferencia completa, non só unha cesión temporal, a aquelas administracións interesadas, para dar así un verdadeiro impulso á mobilización do parque de vivendas baleiras. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias