El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG aproba o orzamento para o ano 2021

13-05-2021 11:41:19

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Consello Nacional do BNG, na súa última reunión, aprobou o orzamento da organización para o ano 2021, e avaliou a evolución da débeda do BNG. En cumprimento das normas que nos temos dotado, pasamos a comunicar a toda a militancia esta información, e pendurarémola tamén no apartado de transparencia da nosa web nacional, facéndoa pública.  

O cadro que se anexa axústase legalmente ao formato e á estrutura de fiscalización do Tribunal de Contas do Estado español. Con todo, e con independencia dese carácter técnico e contábel, consideramos preciso dar conta á militancia das seguintes consideracións de carácter máis político:  

1. Podemos dar por definitivamente superada a crise financeira que padeceu o BNG nos últimos anos. Conseguímolo porque somos unha grande organización, da que nos debemos sentir orgullosas e orgullosos.  

2. Boa parte da actividade política e social do BNG fundaméntase no traballo militante. Non só somos diferentes polos obxectivos que perseguimos, mais tamén por como desenvolvemos  e concibimos a nosa actuación no día a día, e o que supón en termos económicos e financeiros. Sen o compromiso militante, isto sería imposíbel.  

3. A evolución da débeda (da que continuamos a realizar un cumprimento estrito da súa amortización), sitúase neste 2021 nos 64.330 euros de endebedamento, prevéndose a súa eliminación definitiva no vindeiro ano 2022. Incluímos tamén un gráfico sobre a evolución do patrimonio neto do BNG.  

4. Como conclusión lóxica do exposto, cómpre recoñecer o inmenso mérito colectivo dunha militancia que foi quen, colectivamente, de enfrontar unha difícil situación económica -nun contexto político tamén delicado- con coraxe, determinación e moito esforzo. Fixémolo entre todas e todos, coas nosas mans, sen axuda de ninguén. Os resultados están á vista, e o Consello Nacional expresa o seu recoñecemento por unha organización, por unha militancia, que segue a ser o seu mellor valor.  Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias