El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

ISRAEL | PALESTINA

O BNG exixe ao Goberno sancións contra Israel por crimes de guerra contra a poboación palestina

14-05-2021 11:50:07

MADRID | O BNG activa unha batería de iniciativas no Congreso para exixir ao Goberno unha mudanza de actitude frente á agresión militar israelí contra a Faixa de Gaza e a poboación palestina. Para alén de preguntas e unha Proposición Non de Lei, solicita a comparecencia da Ministra de Exteriores. A organización nacionalista reclama unha condena firme do comportamento criminal de Israel e o cesamento dos bombardeos que, en catro días  causaron máis de cen mortos, entre eles decenas de crianzas palestinas. O deputado do BNG, Néstor Rego, cualifica de 'criminal' a agresión israelí contra a Faixa de Gaza e denuncia o silencio cómplice -cando non apoio directo- da comunidade internacional con Israel nunha nova operación que continúa o xenocidio e etnocidio que desde 1948 vén practicando coa poboación palestina.

“Estamos non só diante dunha ofensiva militar, senón perante crimes de guerra na medida que son ataques indiscriminados contra poboación civil -incluídas crianzas- e contra servizos básicos como a electricidade ou as comunicacións que teñen pir obxectivo tornar imposíbel a vida na Faixa de Gaza”, salienta Rego.

O deputado nacionalista entende que, neste contexto, o que correspondería ao Goberno é reclamar a Israel o cesamento da agresión e o respecto aos acordos de paz e ás resolucións da ONU sobre Palestina. “Pola contra, as recentes declaracións da Ministra de Exteriores condenando a autodefensa palestina, sitúan este Goberno -que se autocualifica como 'progresista'- do lado do agresor israelí, seguindo submisamente a pauta marcada por Biden e o sionismo internacional. É unha actitude de complicadade vergoñenta con Israel”, enfatiza.

O BNG reclama unha mudanza de actitude, que pase da complicidade á firmeza frente á agresión sionista, para frear os ataques e avanzar na liña dos acordos que deben levar á constiutución dun Estado palestino independente. Nese sentido, Rego insta o Goberno a “despregar todas as medidas posíbeis, desde a expulsión de diplomáticos, sancións ou o apoio ao embargo de produtos israelís que desde hai anos reclama BDS, á intervención na ONU reclamando a paz e o respecto das resolucións internacionais”.

O deputado do BNG cualifica de incomprensíbel que o Goberno español nin sequera condenase o ataque á torre Al-Jawhara, edificio residencial e comercial que albergaba a sede de 13 medios de comunicación e ONGs, entre eles da Axencia EFE. Un correspondente desa axencia tivo que fuxir do edificio para non ser alcanzado polo bombardeo. “Unha acción que a Federación Internacional de Xornalistas denuncia como un ataque á liberdade de información e un intento de Israel de silenciar as voces que informan da agresión . A FIX denunciou tamén que desde que comezara a ofensiva israelí na segunda feira, 27 xornalistas foron detidos con este mesmo obxectivo e reclama  que se exixan responsabilidades a Israel por este bombardeo” salienta Rego.

O BNG defende que o Estado español e o conxunto da comunidade internacional deben actuar de forma contundente e condenar sen paliativos a agresión israelí, a última das violaciones sistemáticas por parte de Israel dos dereitos humanos e do dereito da poboación palestina a vivir en Paz e en seguranza no seu País, nun Estado Palestino independente e soberano. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias