El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero, a Feijóo: "Urxe poñer xa nas mans de pemes e autónomos os 245 millóns que o Goberno transferiu"

31-05-2021 15:57:42
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que desbloquee “xa” os 234 millóns de euros que lle entregou hai tres semanas o goberno de España para dar axudas directas a pemes e autónomos. Apuntou que estes fondos deben estar “nos petos dos galegos e non nas mans do conselleiro de Economía” nin un día máis.

En rolda de prensa, Gonzalo Caballero sinalou que o novo horizonte marcado pola vacinación xeneralizada, cumprindo os prazos dados polo goberno de España de inmunizar un 70% da poboación de cara ao verán, obrigan á Xunta a “facer os deberes” e poñer tódolos medios para garantir liquidez e ingresos diante dun novo impulso na desescalada.

Neste senso, o líder socialista recalcou que a Xunta ten a obriga de facer chegar eses 234 millóns de euros aos profesionais aos que están destinados, polo que esixiu ao goberno galego que abandone a política de “brazos caídos” e “resolvan xa”.

A propia vicepresidenta económica do goberno de España, dixo, confirmoulle en persoa esta transferencia, que supón “o maior paquete de axudas directas da pandemia”, e que contrasta cos 140 millóns de euros que a Xunta adicou a ese mesmo fin “en toda a pandemia” a pesares dos seus esforzos en “propaganda”.

Así pois, Gonzalo Caballero criticou que o goberno galego estea “ausente” e que non cumpra coa entrega dos fondos. “Está desbordado, superado, sen a competencia nin a calidade suficiente para liderar a recuperación”, incidiu, á vista do recente informe sobre os gobernos subnacionais realizado polo Instituto de Calidade dos Gobernos da Universidade de Gotemburgo.

Este informe, como apuntou, sitúa a Galicia no posto 14 das 17 comunidades de España en canto á calidade do seu goberno autonómico analizando cuestións como a imparcialidade pública, a corrupción institucional ou calidade dos servizos públicos, sinaladamente a sanidade e a educación.

“Necesitamos un goberno eficiente, eficaz que garanta a calidade dos servizos públicos”, remachou Caballero, crítico con que a Xunta “suspende nas políticas de reorientación económica do país” á vista dun informe independente.

Esta situación, engadiu, abunda no “desastre” confirmado polo Consello de Contas, que vén de rexeitar as contas da Deputación de Ourense. O ente presidido por Baltar segue abusando dos contratos menores: ata o 80% son concedidos “a dedo” para eludir o control democrático, recordou Gonzalo Caballero. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias