El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero reclama acordar "un novo modelo eólico"

GONZALO CABALLERO RECLAMA ACORDAR “UN NOVO MODELO EÓLICO”

05-06-2021 17:14:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe nunha manifestación que percorreu as rúas de Compostela para reclamar á Xunta “un novo modelo eólico” construído en torno ao “acordo e o diálogo”.    

Tal e como manifestou Gonzalo Caballero ante os medios de comunicación ao inicio da protesta, o novo modelo eólico ten que “respectar a paisaxe, a natureza e o patrimonio cultural” e establecer un sistema de beneficios que permita que estes redunden tamén “na xente e nos concellos”.    

“Os e as socialistas cremos nas enerxías renovables, nas enerxías limpas”, subliñou o líder do PSdeG, convencido de que “o futuro enerxético ten que vir da man do impulso das enerxías alternativas, entre as cales está a eólica”. Iso si, deixou claro que o seu desenvolvemento debe ser “equilibrado”.    

“Hai que respectar a natureza, a paisaxe e o patrimonio natural e cultural, e buscar acordos coas comunidades locais que permitan que o reparto dos beneficios redunde no territorio”, detallou Gonzalo Caballero, para remarcar que “iso non está ocorrendo en moitos casos hoxe en Galicia”.    

“Atopámonos con que a Xunta carece da habilidade e da sensibilidade de saber apostar polas enerxías renovables de acordo a un territorio e unha paisaxe que necesitan apoio e respecto”, reprobou o secretario xeral do PSdeG. En fronte, Gonzalo Caballero requiriu “un gran acordo para pactar un novo modelo eólico” no que o desenvolvemento das renovables “atenda adecuadamente o conflito que existe entre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural e a implantación de muíños de vento”.    

“Hai que buscar un adecuado equilibrio para conseguir que o desenvolvemento da eólica non se faga a costa da natureza, dos enclaves de valor cultural e histórico ou das comunidades locais”, afondou, ao tempo que avogou por “artellar unha axeitada distribución dos beneficios” do sistema eólico “para que cheguen ás comunidades locais, aos concellos e á xente”.    

“Non pode buscarse un modelo de enerxía eólica no que os custes sobre a paisaxe os temos que repartir entre todos e os beneficios os leven só algunhas grandes empresas”, argumentou o máximo dirixente do PSdeG. "Hai que equilibralo", finalizou. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias