SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional do
BNG, Ana Pontón reivindica máis apoio para a universidade pública e critica o
agasallo do Partido popular á ABANCA, deseñando dende a Xunta o proxecto para a
primeira universidade privada en Galiza, coa complicidade do goberno do Estado.
Na manifestación celebrada en Santiago de
Compostela, baixo o lema “o ensino é un
servizo non un privilexio”, Pontón cualificou o proxecto de universidade
privadas de “ataque deseñado polo
Partido popular” dende o goberno da Xunta contra a universidade pública, “unha
das grandes conquistas e avances sociais” que agora o PP quere frear. A líder
do BNG afirmou que é necesario preservar para as xeracións futuras unha
universidade pública fronte a un modelo “elitista e privatizado” no que os
ricos poderán acceder á universidade pero os traballadores e traballadoras non
poderán facelo.
A universidade é un “gran ascensor social” que
debemos preservar e neste momento o Partido popular quere cambiar este modelo.
O Partido popular, engadiu quere impoñer un modelo para unha minoría e dende o
BNG, reiterou, “opoñemos a este modelo”. Durante a pandemia, explicou, Pontón ,o Partido
popular tentou converter as universidades públicas nun modelo de “academia
on-line” que finalmente tivo que retirar grazas á presión das universidades.
Para a portavoz do BNG, resulta especialmente
“gravoso” que esta universidade sexa precisamente promovida por ABANCA, unha
entidade que rescatamos con nove mil millóns de euros de cartos públicos.
Ademais, recalcou, eticamente “é reprobable” que en vez de colaborar e apoiar
ás universidades públicas galegas, o
Partido popular “ataque o modelo universitario galego”.
Dende o BNG, afirmou,
sempre defenderemos a universidade pública e esta debe ser “unha panca” para
desenvolver os sectores públicos de Galiza. Lamentablemente o Partido popular
está defendendo o interese dunha minoría fronte ao interese xeral, neste caso
“o interese dun banco rescatado cos cartos públicos” y que agora é novamente
agasallado cun proxecto de universidade pública.