El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Deportes

HOCKEY PATINES

Inés Rey: "O Deportivo Liceo volveu facer historia pola cidade"

14-06-2021 22:43:17
O Deportivo Liceo, no Concello coruñés.

A CORUÑA | A alcaldesa da cidade, Inés Rey, recibiu hoxe, acompañada da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, no pazo municipal de María Pita os xogadores do Hóckey Club Liceo, que onte gañou na nosa cidade a súa décima Copa do Rei. Os liceístas fixéronse coa vitoria deste torneo 17 anos despois grazas a tres tantos de Adroher e César, que fixeron vibrar ás máis de mil persoas que estiveron no encontro no Pazo dos Deportes de Riazor. O acto contou coa presenza do presidente do club, Daniel Echevarría.

A rexedora asegurou que o Deportivo Liceo volveu "facer historia pola cidade" e que os liceístas "fan máis grande á nosa cidade". A historia do Liceo é unha crónica de superación, sinalou Rey, "unha verdadeira epopea, unha traxectoria digna de ser encomiada e narrada, unha verdadeira xesta da que debemos estar moi orgullosos e ser conscientes do que supón para a nosa cidade, pola cidade".

A alcaldesa confirmou que á terceira foi a vencida, xa que "despois de dous finais da Copa do Rei consecutivas perdidas contra o Barça, o Liceo volveu superar ao equipo azulgrana conquistando o décimo título da súa historia, unha coroa que non gañaba desde hai 17 anos, cando bateu ao Igualada na final celebrada en Jerez de la Frontera". Así, Rey lembrou que o hóckey "é un deporte dominado na elite por unha rexión, e só un grupo irredutible de cor verde foi capaz durante lustros de plantarlles cara na máxima categoría nacional e en Europa", así que, apuntou, "é necesario que o visibilicemos porque ás veces non somos conscientes do que representa éxito, do que é o Liceo en Europa".

Pola súa banda, tanto o capitán David Torres, como o presidente do Hóckey Club Liceo, Daniel Echevarría, expresaron a súa felicidade polo título acadado, "un éxito para a cidade", e confían que sexa "o primeiro dunha cadea de moitos". Echevarría lembrou a todas aquelas persoas que por mor das restricións da Covid non puideron estar presentes na final, e agradeceulle ao Concello e ao resto das institucións da cidade o sei apoio. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias