CERCEDA | O
presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi convidado polo Goberno
de Navarra para participar no “I Encontro Estatal de Corporacións
Públicas Empresariais”, organizado por CPEN (Corporación Pública
Empresarial de Navarra), e que terá lugar en Baluarte, Pazo de Congresos
e Auditorio de Navarra, o próximo 22 de xuño. Nesta
xornada daranse cita representantes institucionais e empresariais do
ámbito público de sete Comunidades Autónomas, así como do sector público
estatal, que compartirán e analizarán as súas experiencias desde
distintas perspectivas.
Tal
e como manifestou o director xeral de CPEN, Francisco Fernández Nistal,
“móvenos o obxectivo de poñer en valor o labor que as sociedades
públicas realizamos en favor do desenvolvemento territorial e social dos
distintos territorios e, específicamente, o papel que as corporacións
exercemos como garantes do bo facer e a sostibilidade do conxunto do
sector público empresarial; máis se cabe neste escenario de reactivación
económica e social que estamos a vivir”.
O
encontro, que inaugurará a presidenta de Navarra, María Chivite, á súa
vez presidenta do Consello de Administración de CPEN, contempla
relatorios e mesas de debate nos ámbitos político, de xestión e
empresarial.
Tras
o primeiro relatorio, a cargo de Antonio Miguel Cervera, presidente de
SEPIDES (Grupo Sociedade Estatal de Participacións Industriais), terá
lugar un coloquio no que se contará coa intervención de tres
conselleiras e un viceconselleiro de Economía de distintos gobernos
autonómicos, os cales disertarán sobre a política económica e
instrumentos de financiamento empresarial a disposición das Comunidades
Autónomas.
Acto
seguido, o director xeral de CPEN exporá unha análise comparativa da
realidade das corporacións públicas empresariais existentes en España,
cuxos máximos responsables debullarán o labor das mesmas e o seu papel
no desenvolvemento rexional.
Boas prácticas empresariais de carácter público
A
intervención de Javier Domínguez terá lugar na sesión dedicada a
exemplos de boas prácticas empresariais de carácter público, compartindo
mesa co director de operacións de Correos, Eduardo Herrera; o director
xerente de Nasuvinsa (sociedade pública de vivenda e urbanismo do
Gobierno de Navarra), Alberto Bayona; e a directora xerente de Tracasa
Instrumental (empresa pública de Navarra especializada na prestación de
servizos no uso de información territorial e das tecnoloxías da
información), Mar González. Máis información