El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

CASO PAZO DE MEIRÁS

O grupo de Memoria Histórica da Eurocámara respalda a marcha cívica pola Iniciativa Galega pola Memoria

Terá lugar este sábado, en Meirás.

17-06-2021 17:22:43
Iniciativa Galega pola Memoria.

BRUXELAS | O grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo -no que está integrado o BNG a través da súa portavoz en Europa, Ana Miranda-, amosa o seu apoio sen fisuras á marcha cívica que terá lugar este sábado, en Meirás. “O pazo de Meirás é un referente simbólico indiscutible na loita en favor da memoria histórica europea e na loita contra o espolio levado a cabo polo franquismo, polo que a celebración desta marcha tres anos despois da nosa visita ao pazo ten un valor moi especial”, manifestan desde o grupo de traballo da Eurocámara.

No marco da devolución do pazo de Meirás, o grupo de Memoria Histórica da Eurocámara quere recoñecer o traballo desenvolvido pola Iniciativa Galega pola Memoria, colectivo que aglutina aos colectivos de memoria histórica de Galiza, e por suposto do investigador Carlos Babío, quen xunto ao historiador Manuel Pérez Lorenzo, é autor do ensaio “Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio”.

Neste sentido, o grupo de Memoria Histórica da Eurocámara, -integrado por eurodeputadas de distintos grupos e Estados-, ten expresado o seu firme apoio non só á devolución do Pazo de Meirás, senón tamén ao resto de bens incautados polo franquismo, como a Casa Cornide, así como a reparación ás vítimas. 


Iniciativas 

Este grupo de traballo ten desenvolvido diversas iniciativas neste sentido, como a visita ao pazo o 3 de maio de 2018, onde os eurodeputados e eurodeputadas puideron constatar que é un espazo no que constantemente se fai apoloxía da ditadura, ou a proxección na Eurocámara, en xaneiro de 2020, do documental “O Silencio de outros”, dirixido por Almudena Carracedo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias