El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballaero, sobre a AP-9: "O prioritario é a rebaixa das peaxes ata 2048"

22-06-2021 16:49:57
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O secretario xeral das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, referendou hoxe a posición favorable do PSdeG á rebaixa de peaxes e á transferencia da AP-9 a Galicia. “O prioritario para nós é a histórica rebaixa das peaxes, pero tamén respaldamos a transferencia da autoestrada a Galicia, sempre que esta non poña en perigo ou sexa un obstáculo para a rebaixa”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG.

Así, Gonzalo Caballero asegurou que “mantemos a nosa posición sobre a transferencia tal como defendemos, pero o primeiro para o PSdeG, agora mesmo, é a rebaixa”. “Queremos que ambas cuestións sexan unha realidade, pero as bonificacións son o urxente, xa que é o que reverte directamente sobre o peto dos galegos e galegas”, incidiu.

“Parece que a concesionaria non está conforme coas rebaixas, polo que non sabemos como vai reaccionar a empresa ante o Estado, xa que o goberno si vai rebaixar as peaxes”, subliñou Gonzalo Caballero, quen destacou que nos atopamos ante “unhas semanas centrais” para a execución da rebaixa, polo que “cómpre ver como evoluciona a negociación con Audasa, así como os informes preceptivos”.

Por último, o líder das e dos socialistas galegos reivindicou as bonificacións do goberno progresista de Pedro Sánchez e do ministro Ábalos como “un feito histórico para a mobilidade en Galicia” cando o compromiso vaise materializar durante 27 anos de bonificacións para acabar co “regalo envelenado” que supuxo a ampliación da concesión da AP-9 que asinou Aznar ata 2048. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias