El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | APE

APE Galicia di que as axudas do Goberno resultan un "auténtico fracaso"

09-07-2021 12:38:55

Os representantes das asociacións máis representativas de Galicia, e que forman a Mesa do Traballo Autónomo -entre os que se encontra APE Galicia- reuníronse onte coa Consellerira de Economía e Emprego, María Jesus Lorenzana, coa Directora Xeral de Emprego, Covadonga Toca Carúsas, para comentar o fracaso das axudas do goberno destinadas as persoas traballadoras autónomas e pemes galegas. 

A baixa afluencia de solicitudes no III Plan de rescate autónomo é debido a  dificultade do cumprimento dos requisitos dos posibles beneficiarios. A resposta a esta liña de axudas e mínima, apenas 4.600 peticións que esgotarán o 27% do fondo dispoñible, fronte ás máis de 60.000 presentadas no II Plan de Rescate. 

O deseño desta axuda, tal e como se preveu non chega á maioría das persoas autónomas que sufriron perdas de facturación e que con gran esforzo fixeron os esforzo para cumprir coas obrigas de pago aos seus provedores,  recorrendo aos seus aforros ou axudas familiares para poder abordar a situación económica.

Tras o analise de estos datos, estase a estudar a flexibilización e a modificación das condicións de acceso para poder animar unha maior resposta:

1.- Amplía dous meses o prazo de presentación de solicitudes, ata o 30 de setembro. 

2.- Relaxa as esixencias relativas ao volume de facturación a caída de máis dun 30% para todas as actividades económicas, estean ou non incluídas no Anexo I do Real Decreto do Goberno que regula o plan.

A contía das subvencións oscila entre os 3.000 e os 30.000 euros en función do tipo, destinadas a satisfacer débedas así como aos custos de fixos incorridos entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021. A Xunta de Galicia anticipará o 100% das axudas e posteriormente comprobará que se cumpren os requisitos. 

O único que se esixe é que os autonomos e empresas comprométense a manter a actividade ata lle 30 de xuño de 2022, a non repartir dividendos durante os anos 2021 e 2022, así como non aprobar incrementos nas retribucións de alta dirección durante un período de dous anos. Ditas modificacións será publicadas a próxima semana pola Consellería de  Emprego.

Ademáis, APE Galicia xunto coas asociacións que forman a Mesa do Emprego Autónomo, e a través da Consellería de Emprego e Igualdade, trasladará ao ministerio de Asuntos Económicos as modificacions que cremos que debe ter este plan de axudas para poder chegar a todas as persoas traballadoras autónomas e pemes afectadas por esta crisis e garantizar a supervivencia das mesmas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias