El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "É unha hecatombe que as políticas de Feixóo supoñan para a xuventude precariedade"

14-07-2021 17:19:11
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Galicia non pode construírse sen a xente nova pero as políticas do Goberno do PP non ofrecen a mocidade alternativas de futuro, de tal xeito que desde 2009, 325.000 galegos marcharon por falta de oportunidades, o 42% con menos de 35 anos. “Os datos son contundentes e demostran que a xente nova ten peores expectativas de vida que os seus país e as súa nais, e seguen collendo as maletas por falta de oportunidades como facían os seus avós e as súas avoas”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, na sesión de control ao presidente da Xunta. “Señor Feixóo que  o único futuro que lle ofrece á mocidade sexa precariedade, paro ou emigración é un problema de País, pero que por riba o negue converte ese problema nunha verdadeira hecatombe porque significa que non vai facer para aportar solucións”, alegou.
 
A taxa de paro entre as persoas menores de 29 anos é do 27,3%, segundo o último dato EPA. “Sabe canto é en Alemaña? O 6%”, indicou Pontón. A afiliación á Seguridade Social nese tramo de idade caeu un 41%; só un 30% da mocidade ten un traballo e, desa porcentaxe, o 56,8% ten un contrato temporal e cun salario que chega a ser até un 63% máis baixo que a media salarial galega.
 
“En consecuencia, emanciparse é misión imposible para a maior parte da xente moza e  por iso temos a segunda taxa de emancipación máis baixa do Estado”, afondou a líder nacionalista, para quen a emigración masiva da última década que no cesa, agrava unha crise demográfica que xa é endémica. “Cada vez somos menos e máis envellecidos”, sintetizou Pontón, “porque as nefastas políticas do señor Feixóo expulsan á mocidade”.
 
E hoxe, explicou, miles de galegos e de galegas “desenvolven os seus proxectos vitais fora, forman familias fora e teñen fillos e fillas fora”, o que supón un problema non só para a mocidade senón para o País, “porque sen a vitalidade social das novas xeracións, Galiza non terá futuro”.
 
Fronte a esta situación, a resposta de Feixóo foi “criminalizar” á xuventude durante a pandemia, tentado trasladarlle a responsabilidade dos contaxios sen fundamento, como demostraron os propios cribados masivos que se realizaron no seu momento, e a outra aportación recente foi  “usar a súa atalaia de presidente para atacar e mesmo emprender unha campaña precisamente contra os mozos e as mozas que denuncian a situación de precariedade, paro e emigración que soportan”. De feito, só durante a pandemia 15.000 mozos e mozas perderon o seu emprego e só dous de cada dez logrou recuperar o posto de traballo.
 
Ante esta falta de alternativas, Pontón propón a posta en marcha dun Plan de emprego xuvenil, sumada a unha estratexia de captación e retorno de talento investigador a través da creación do INNOGAL, -a semellanza do Ikerbasque ou o do ICREA catalá-, e políticas públicas de vivenda que favoreza a emancipación, utilizando para a súa financiación os fondos europeos de recuperación económica, Next Generation, “sería moito mellor que meter eses fondos nos petos das multinacionais como parece que é a súa folla de ruta”, alegou.
 
“A mocidade merece moito máis que traballos mal pagados que non lles permiten chegar a fin de mes, merecen condicións laborais dignas que lle permitan realizar o seu proxecto vital aquí. Temos que darlle un futuro a xente nova porque non se pode construír Galiza sen a mocidade”, demandou a líder nacionalista.
 
A comparación da taxa de paro xuvenil galega coa de Alemaña, moi inferior, motivou que o presidente da Xunta convidase á portavoz do Bloque a tomar exemplo da CDU, a formación da canciller Angela Merkel. “Penso que quen debe tomar exemplo é o PP dunha dereita alemá que decide illar a extrema dereita, mentres que aquí o PP do señor Feixóo pacta coa extrema dereita racista, machista, xenófoba e antigalega”, replicou Pontón. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias