El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | CASO ENCE

Pontón, sobre a decisión da Audiencia Nacional: "É un gran día e unha gran vitoria para o País"

16-07-2021 15:55:54
Fábrica de Ence, en Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz nacional, Ana Pontón, considera a sentenza da Audiencia Nacional un triunfo para Galicia e para Pontevedra, tanto para o goberno municipal que lidera Miguel Fernández Lores, como para a maioría social que leva décadas loitando para que ENCE saía da Ría. A xustiza ven de darlles  a razón anulando a prórroga concedida á pasteira polo Goberno en funcións de Mariano Rajoy.  

“É un gran día e unha gran vitoria para o País, para Pontevedra e un éxito colectivo da a cidadanía, cunha sentenza que nos da a razón aos que denunciamos que a prórroga concedida polo PP en tempo de desconto era non só inmoral senón tamén ilegal. Unha decisión do Goberno que non respondía ao interese xeral senón ao interese particular dunha empresa empeñada en pasar por riba da lei e da vontade da cidade de Pontevedra”, argumentou Pontón.  

A decisión da Audiencia Nacional supón “un non rotundo” ao intento da pasteira de consolidarse na Ría e pon o foco na necesidade de traballar para que haxa unha alternativa. “E canto antes se asuma que o futuro da fábrica pasa polo traslado será mellor para preservar o emprego e para buscar outra ubicación para a factoría”, indicou, e por iso, “Xunta e ENCE teñen a responsabilidade de liderar ese proceso e poñerse mans a obra canto antes para buscar unha nova localización”. 

A responsabilidade, subliñou a líder do Bloque, “de que se manteña a fábrica e o emprego é neste momento do Goberno galego e da propia empresa, que deben traballar para executar o traslado”, asumindo o que establece a sentenza.   “Hoxe é un día para celebrar”, recalcou Pontón, que instou ao Executivo de Feixóo e á pasteira a que acepten a decisión da xustiza. “Que deixen de obstaculizar e deixen de facer trampas e se coloquen na posición máis racional que é a de buscar outra localización para a factoría”, concluíu. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias