SANTIAGO DE COMPOSTELA | O
Xulgado de Instrución número 3 de Santiago acordou a apertura de xuízo
oral no procedemento do accidente do tren Alvia, sucedido o 24 de xullo
de 2013 en Angrois. O instrutor deu por formuladas as acusacións contra
o maquinista do tren e o director de Seguridade na Circulación de ADIF
no momento de posta en funcionamento da liña, por se os feitos que se
lles imputan fosen constitutivos de oitenta
delitos de homicidio por imprudencia grave profesional, de 145 de
lesións por imprudencia grave profesional e dun delito de danos.
A
Fiscalía solicita para cada un deles catro anos de prisión. Ademais,
demanda que o maquinista sexa inhabilitado para a súa profesión durante o
tempo da condena e, para o outro acusado, a inhabilitación, durante o
mesmo período, para o exercicio de calquera profesión que implique
xestión, seguridade ou responsabilidade en infraestruturas ferroviarias.
Ambos serán axuizados polo Xulgado do Penal número
2 de Santiago.
O
maxistrado requiriu aos dous investigados e, no seu caso, ás
aseguradoras, como responsables civís directas, ou ás entidades públicas
Renfe Operadora
e Adif, como subsidiarias, para que presten unha fianza de 57.686.635
euros, todo iso co obxectivo de asegurar as responsabilidades
pecuniarias que se lles poidan impoñer na sentenza. Ademais, o instrutor
apercibiulles de que, de non prestala, se lles embargarán
bens en cantidade suficiente para asegurar esa suma.
De
conformidade con o artigo 784.1 da Lei de Axuizamento Criminal, tras a
notificación do auto, realizada hoxe, os acusados e os responsables
civís
teñen un prazo de tres días para comparecer na causa cun avogado e
procurador ou, no seu caso, ratificar os xa designados. Contra a
resolución non cabe interpoñer recurso, excepto no relativo á situación
persoal dos acusados. Departamento de comunicación