SANTIAGO DE COMPOSTELA | O BNG lanza, no marco da celebración do
Día da Patria, unha campaña de afiliación a través das redes sociais cun vídeo
de estética cómic na que unha “animada” Ana Pontón convida a sumarse a un BNG “sen
límites”, para aportar na construción dunha Galiza diversa, plural, inclusiva e
con futuro.
No vídeo, a portavoz nacional chama a participar no proxecto que
representa o Bloque a favor dunha Galiza que suma ideas, e de cara a traballar para
afrontar retos como o emprego, en particular entre a xente moza; o feminismo, a
diversidade sexual que defende o movemento LGTBI, a defensa da lingua, do dereitos
sociais e laborais... En definitiva, convida a sumarse a todas as persoas que
aposten por defender as causas xustas e “sumar desde a diversidade".
A día de hoxe, o BNG está nu momento de medre organizativo, despois de
que nos últimos meses incrementase en a súa militancia en 2.203 novos afiliados
e afiliadas, un crecemento que foi especialmente significativo tras a celebración
das pasadas eleccións, nas que o Bloque liderado por Ana Pontón obtivo o mellor
resultado da súa historia e logrou máis que triplicar a súa representación
política.
A afiliación medra sobre todo entre a xente moza, pois son as persoas
entre 18 e 35 anos o colectivo no que se centra as novas altas, dentro dun BNG
que, a día de hoxe, suma 8.522 militantes. Departamento de comunicación