El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: “Feixóo é como un kamikaze en dirección contraria"

03-08-2021 12:42:30
Ana Pontón (c), líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Nun contexto de crise, Galiza precisa uns orzamentos expansivos, pero o Goberno do PP propón unhas contas públicas para 2022 recortando teito de gasto. En concreto, un recorte de 93 millóns que, sumado á transferencia de 211 millóns de euros de IVE que en realidade corresponde a 2017, a capacidade de gasto cae en 304 millóns.

“É dicir, que no medio dunha crise sanitaria, económica e social sen precedentes en tempos de paz, o Goberno de Feixóo ten previsto investir menos. Unha vez máis, o presidente da Xunta é ese kamikaze que vai en dirección contraria pola autoestrada, e cando toca elixir uns orzamentos expansivos, recorta investimento”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, no debate parlamentario do teito de gasto.

Unha redución do teito de gasto que, ademais, avanzou, “anticipan uns orzamentos rutineiros, coas mesmas receitas fracasadas que nin permiten aproveitar o potencial do País, nin van axudar á recuperación, nin a promover os sectores produtivos, nin a sentar as bases dun novo modelo económico para unha Galicia verde e sustentable, con base na ciencia e na investigación”, argumentou. Con recortes, non será posible reforzar os servizos públicos, encarrilar os problemas estruturais que a pandemia agudizou ou reverter doce anos de recortes na sanidade e sacar á atención primaria do colapso e da saturación.

“Neste punto, permítame que lles diga que o que fai o Goberno do PP coa atención primaria é literalmente inhumano, tanto no que respecta ao maltrato aos profesionais, como ao deterioro da saúde da cidadanía”, indicou Pontón, tras insistir nun plan de choque urxente de 200 millóns e incrementar os recursos de Primaria até o 25% do orzamento do SERGAS. E recortando o teito de gasto, afondou, Galicia non vai ter as ferramentas para afrontar os problemas estruturais, como a fuga de talento, a desertización industrial que avanza imparable ou como o colapso demográfico agudizado pola emigración masiva de xente moza.

Neste contexto, o BNG considera que o debate non está na cuestión puntual do teito de gasto, senón en  abordar o financiamento de Galicia de xeito integral a curto e medio prazo, e para iso hai que abrir unha canle de negociación de ti a ti con Goberno central, e esa canle é unha Comisión bilateral Xunta-Estado.

Así, como o Bloque demanda do Executivo de Feixóo que solicite unha Comisión bilateral Xunta-Estado para negociar o financiamento que Galiza necesita para superar esta crise e dar solucións aos retos de futuro, unha comisión con tres asuntos centrais sobre a mesa: os fondos Next Generation, os investimentos nos orzamentos do Estado do 2022 e un novo modelo de financiamento. “Non se defende Galiza repetindo o argumentario de Génova, senón buscando unha negociación en pé di igualdade con Madrid e exercendo, por unha vez, como presidente do País”, receitou Pontón a Feixóo.  


Xestión directa e trato xusto   

En relación aos fondos europeos de recuperación, a negociación deber servir para que Galiza reciba até o último euro que lle corresponde duns recursos que son os únicos extraordinarios. E cuestión tamén clave, para defender a súa xestión directa desde aquí. A segunda cuestión, é a posición de Galiza en investimentos directos e transferencias que debe recibir nos orzamentos do Estado, -que empezan a elaborarse-, “co obxectivo de evitar novos recortazos como os aprobados nos últimos presupostos, tanto polo Goberno do PP como polo de PSOE-Podemos”, indicou.  

E como terceira cuestión para esa negociación bilateral, un novo modelo de financiamento “que lle permita a este País ter a chave dos seus cartos e establecer as súas prioridades de gasto e investimento”, alegou Pontón, e superar un sistema no que o Estado fai caixa en Galiza. “Nun momento no que se que require ambición de País, non vale nin a confrontación nin a submisión, nin vale gobernar desde a rutina e o triunfalismo, nin vale vir aquí a compararse cos que están peor, retorcendo os datos para crear unha fakerealidade”, sintetizou Pontón. Por iso o BNG votou en contra dun teito de gasto que consolida recortes cando o que se precisa é un orzamento expansivo que dea resposta ás leccións da pandemia e aos problema estruturais do País.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias