El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón critica a alianza PP-PSOE que sumaron os seus votos en contra das propostas do BNG para baixar a factura da luz

14-09-2021 15:30:45
Ana Pontón, líder do BNG.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O 14 de Setembro de 2020 o prezo da luz era de 43 euros por megavatio, hoxe 14 de setembro de 2021, é de 154 euros, unha subida do 353% nunha escalada de prezos que o BNG cualifica de estafa. Neste contexto, a portavoz nacionalista, Ana Pontón, defendeu no Parlamento unha batería de medidas, -en forma de proposición de lei-, para abaratar o prezo da luz, pero foron tombadas polos votos en contra de PP e PSOE. Unha alianza entre as dúas forzas estatais que deixou ao Bloque só no seu empeño en abaratar a factura da luz.
 
“Neste debate non se trataba de defender a Feixóo ou a Sánchez señorías, senón de ver que medidas podemos tomar desde Parlamento e desde a nosa responsabilidade para abaratar o prezo da luz aos galegos e as galegas, no medio dunha crise na que apenas empezamos a levantar cabeza. Tratábase de conseguir que Galiza se beneficie da súa riqueza eléctrica para impulsar o desenvolvemento do País”, salientou Pontón, tras subliñar que a cidadanía merecía “un debate serio sobre un asunto de enorme preocupación social e non que veñan a defender aos seus xefes de filas”.
 
Unha factura eléctrica desbocada que impacta de cheo nas familias e nas PEMES, que se explica por un marco normativo feito á medida do lobby eléctrico, marco asumido polas forzas estatais como demostra o “perverso” sistema das portas xiratorias polo que multinacionais como Naturgy, Endesa ou Ibedrola teñen en nómina a ex presidentes e ex ministrxs do PP e do PSOE, denunciou.
 
“A estafa da luz roza o escándalo democrático”, subliñou Pontón,  que se preguntaba “que clase de democracia é a que permite a un puñado multinacionais fixar o prezo dun ben básico e público? Un prezo dos máis caros de Europa nunha Galiza onde os salarios da clase traballadora e as pensións dos nosos maiores están por debaixo da media e que nos coloca ante unha situación que mesmo afecta á saúde da cidadanía”, argumentou, citando testemuñas de persoas que tiveron que mudar os seus hábitos de tratamento sanitario, -como a conexión a unha máquina de hemodiálise-, para evitar subidas que non poderían pagar.
 
“Como é posible que exista un marco normativo que pon o lucro das eléctricas por riba da saúde das persoas?”, interpelaba Pontón ante a ausencia do presidente da Xunta e de todo o Goberno do hemiciclo. “Un Feixóo ausente, que ante un asunto que lle quita o sono a miles de galegos e de galegas,  nin se molesta en vir ao Parlamento, nin está nin se lle espera”, recriminou.
 
Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza e a factura da luz sobe ano tras ano, con gobernos do PP e do PSOE, grazas a un sistema feito á medida das eléctricas, que teñen beneficios multimillonarios á conta da xente e de explotar os recursos naturais. En 2020,  en plena pandemia: Naturgy 490 M€ de beneficios,  Endesa 1.394M€. Iberdrola, 3.610 M€.  “Ganancias astronómicas que pagan os nosos maiores coas súa pensións, a clase traballadora cos seus salarios e todos e todas a través dos nosos impostos”, recalcou. 


Cómplices das eléctricas  

Pontón acusou a Goberno central e á Xunta de ser cómplices do baleirado de encoros, e cualificou de “chiste” que Feixóo pretenda “lavarlles a cara” cunha multa de 25.000 euros. “É menos do que gana nun día o seu amigo presidente de Iberdrola o señor Ignacio Sánchez Galán, ese ao que se abraza con fervor, cando o que debería facer é defender os intereses de Galiza”, criticou.   Neste contexto, o BNG propuxo no Parlamento medidas para abaratar o prezo da luz e conseguir que Galiza se beneficie da riqueza eléctrica do País. Medidas vetadas polo PP-PSOE que sumaron votos contra unha tarifa eléctrica galega máis barata como compensación polos custes de ser zona produtora, unha práctica habitual en países como Alemaña, Reino Unido, Suíza, Noruega entre outros.
 
O Bloque tamén se quedou contra a estafa da luz con medidas como a de suprimir os denominados beneficios caídos do ceo, “o timo dunhas poxas nas que toda as formas de produción de electricidade se pagan ao prezo da máis cara, é como se vou a peixería, merco xarda, xurelo e percebe e pago todo a prezo de percebe. Algo disparatado que se asume con normalidade cando as que fixan os prezos son as eléctricas”, alegou.
 
Tamén se tropezou contra o tándem PP-PSOE a medida de reducir os impostos que se pagan na factura, ao entender o BNG que hai custes que, en todo caso, deben asumirse vía orzamentos do Estado e non cargalos sobre os e as consumidoras con independencia da súa situación económica. E a mesma sorte correu a proposta dunha tarifa industrial estable e competitiva para as empresas electrointensivas, a creación dunha empresa pública de enerxía, -como existe en moitos países-.
 
“Temos a obriga de parar ao lobby das eléctricas nesta estafa en contra da maioría social e conseguir algo tan lóxico e tan de xustiza como que Galiza se beneficie da súa riqueza eléctrica”, concluíu Pontón. Departamento de comunciación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias