SANTIAGO DE COMPOSTELA | O Consello Nacional deu luz verde á celebración da XVII Asemblea
Nacional do BNG que terá lugar o 7 de novembro na
Coruña aprobando,
ademais, os textos do regulamento e das teses políticas e de
organización que serán agora debatidas pola militancia en todas as
comarcas do País. Unha cita asemblearia na que o BNG rematará un
ciclo político e abrirá un novo, marcado polo reto histórico de
liderar o Goberno de Galiza disputándolle a hexemonía ao PP.
“Nada
disto sería posible sen o traballo intenso da organización, da
militancia e simpatizantes e dunha liña política que conseguiu
conectar con miles de galegos e de galegas. Sen renunciar a ningún
dos nosos principios conseguimos situarnos como alternativa ao PP”,
salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, na súa intervención.
Nesta
situación, pediu non caer “no conformismo ou na rutina” e
redobrar esforzos para afrontar os retos que hoxe
ten
o Bloque para
dar respostas ao que a sociedade reclama:
fortalecer a organización e ampliar a base social; -“porque sen
esa fortaleza calquera avance terá os pés de barro”-; gañar
apoio electoral nas eleccións municipais e no Congreso e “prepararse
para un
obxectivo de primeira magnitude: presidir
a Xunta”, proclamou.
“Por
primeira na historia,
o
BNG ten a posibilidade real de encabezar o Goberno e iso require que
sexamos capaces de estar á altura do que a sociedade espera de nós.
Hoxe lideramos a oposición, en 2024 temos que liderar Galiza, ese é
o gran reto que temos diante para darlle un futuro de esperanza aos
galegos e as galegas”, proclamou Pontón. Porque tras doce anos de
gobernos “en contra” de Galiza, alegou, urxe un Goberno “a
favor”, que só será posible baixo o liderado do BNG pero non de
forzas estatais supeditadas a Madrid e aos intereses dos seus poderes
económicos.
“Aí
temos o exemplo de ENCE, o exemplo das eléctricas e a factura da luz
ou a AP9”, alegou, despois de que a Comisión Europea declarase
ilegal as ampliacións da concesión dos gobernos de PP e PSOE.
Bruxelas dálle a razón ao BNG cando denunciaba a estafa das
ampliacións que obrigan a pagar por unha AP9 que estaría libre de
peaxes desde 2012 sen as ampliacións, a última até 2048 asinada
por Aznar, artífice tamén da privatización e con Feixóo de
conselleiro de Política Territorial.
“Por
iso teño unha pregunta para o señor Feixóo: E agora que? Quen
compensa aos galegos e as galegas polas peaxes pagadas baixo
concesións ilegais? Que vai facer Feixóo como presidente da Xunta
para compensar aos galegos e as galegas que levan pagado 1.091 M€
de peaxes ilegais facturadas por AUDASA desde 2013 até hoxe?”,
interpelou.
Recrimina
que PP e PSOE convertan esta nova estafa nun novo “pim-pam-pum”
con Galiza para tapar a súa responsabilidade. “A Comisión Europea
marca o camiño que debe seguir o Estado: suprimir a concesión e
deixar a AP9 libre de peaxes como se fixo noutras vías coetáneas,
de non ser así estariamos ante unha discriminación”.
Neste
contexto, urxe un cambio en clave galega que pasa por “disputarlle
a hexemonía a un PP que deixa unha Galiza cada vez máis pequena,
con menos oportunidades”, tres anos por diante, subliñou,
“para avanzar nun BNG cada vez máis amplo,
sumando a todas as persoas que queren esa outra Galiza posible, máis
igual, máis xusta, máis democrática, máis feminista, na que poder
vivir e traballar”.
Ampliar a base social
“Construír
un futuro mellor só ten un camiño: ampliar a base social do BNG
para liderar a Presidencia do País”, proclamou, un reto de tal
envergadura que motivou que abrira un período de reflexión persoal.
“Creo que o responsable é valorar todas as opcións para acertar
e, en función do que valore como mellor para Galiza e para o BNG
tomarei as decisións”, explicou ante o Consello Nacional.
Nese
reto, a líder nacionalista aposta por multiplicar o traballo social
en conexión co traballo institucional, e ser “a caixa de
resonancia” dos grandes tema socias, como a factura da luz, a
sanidade pública, o coidado dos maiores, a perda de servizos no
rural, ou poñer a riqueza a favor das familias, da clase
traballadora e das empresas.
“Seguiremos
a ser a voz da cidadanía indignada coa estafa da luz, en defensa da
sanidade pública fronte ós recortes do PP, a voz a favor dun nomo
modelo de residencias, a que defenda que a riqueza do País debe
usarse a favor das familias, da clase traballadora e das empresas, en
defensa do medio ambiente e dunha Galiza verde, e a voz que coloque
Galiza na axenda política do Estado, fronte a submisión das forza
estatais”, enumerou.
Ao
que se suma o papel do Bloque como muro de contención contra os
discursos do odio e da intolerancia e a favor dos dereitos das
persoas e dos pobos. Igualmente,
chamou a atención sobre a necesidade de evitar que o descontento no
actual contexto de crise se traduza en “pasotismo, frustración e
desmobilización porque iso só favorece ás forzas políticas que
queren manter un status e un centralismo nocivo para Galiza”,
explicou.
“Con
esta maneira de facer política cada vez máis cidadanía verá no
BNG o seu referente e a mellor ferramenta para ganar un futuro
mellor”, concluíu, convencida
de que da Asemblea Nacional “sairá un BNG con máis forza que
nunca para traballar a favor do País”. Departamento de comunicación